Cans Voulevar

Voulevar

A estrada principal de Cans córtase nos días do festival, e convértese nun espazo con moito ambiente: o Cans Voulevar. Aquí pódese mercar a codiciada camisola do festival no noso posto de merchandising, algún agasallo no mercadillo ou visitar unha exposición de viñetas. Xa pasaron por aquí xenios como Xosé Lois “O Carrabouxo”, Luis Davila “O Bichero” ou Xaquín Marín.