A Leira de Alicia é a leira con maiúsculas. Aquí celebrábanse os coloquios na leira, con directores e directoras recoñecidas e tamén se programan actividades arredor do Jalpón de Alicia, sala de proxección que está pegada. Cineastas como Juanma Bajo Ulloa, José Luis Cuerda, Fernando León, Isabel Coixet ou Martín Cuenca pasaron por este espazo e claro, foron bicados con efusividade pola señora Alicia.
Actualmente é un espazo onde non se levan a cabo actividades.