O Festival de Cans, que celebrará a súa víxésima edición nesta aldea de O Porriño, entre o 16 e o 20 de maio, acordou otorgar nesta edición o seu Premio de Honra, o Premio Pedigree, ao actor Luis Zahera. A máxima distinción do festival foi acordada pola asamblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans.
Luis Zahera (Santiago de Compostela, 1966), un dos actores máis relevantes de Galicia nas dúas últimas décadas, e acaba de obter o seu segundo Premio Goya pola súa gran interpretación en “As bestas”, filme dirixido por Rodrígo Sorogoyen, que está a ser unha as películas do ano. Ademais, o festival decidiu conceder os Chimpíns de Prata da edición 2023 a actriz Melania Cruz, ao crítico de cine Ángel Suanzes e a veciña de Cans María Jesús Sánchez “Mari da Carreira”.
A organización do certame quere recoñecer a gran traxectoria como intéprete de Luis Zahera, tanto en series de televisión como en mais de 35 longametraxes. Ten traballado ás ordes de grandes directores como Fernando León de Aranoa, Daniel Monzón, Alejandro Amenábar, Daniel Calparsoro ou Rodrigo Sorogoyen. Este último dirixiuno nas dúas películas coas que obtivo senllos Premios Goya ao Mellor Actor Secundario: “El Reino” e “As bestas”.
Actor versátil, Zahera ten transitado coas súas personaxes desde o cómico ata o tráxico, e tense forxado como actor no mundo da curtametraxe. Participou en máis de vinte, e o propio Festival de Cans foi importante na súa traxectoria, ao recoller dous premios ó Mellor actor, nos anos 2008 e 2012. Asíduo do certame desde as primeiras edición, Zahera recollerá o galardón o venres 19 de maio. Ese día deixará as súas pegadas no Torreiro das Estrelas, á beira de anteriores homenaxeados como a cineasta Margarita Ledo, Jorge Coira ou o actor Luis Tosar.
Outros dos galardóns honoríficos do Festival de Cans, os Chimpíns de Prata, tamén se entregarán ese mesmo día. O Chimpín de Prata “Pepe Puime” será para a actriz Melania Cruz, unha das grandes actrices do teatro e do cinema galego actuais. Galardonada en tres ocasións co Premio Mestre Mateo, Melania Cruz é ademáis unha actriz habitual en moitas das curtas que pasan por Cans. Nos últimos anos demostrou ter un compromiso permanente co Festival de Cans, onde ten participado asiduamente en coloquios e encontros co público, ademáis de converterse nunha gran embaixadora do certame.
O Chimpín “Divina Campos” será para Ángel Suanzes, un dos xornalistas de referencia sobre o cinema en TVG, e un dos que máis veces cubriu como xornalista o Festival de Cans. Nunha das súas visitas coñeceu á veciña Divina Campos, á que convidou a ser crítica de cine no magacine “A Solaina” de TVG. Suanzes é un xornalista clave na historia do cinema galego recente, onde veu medrar e apoiou a numerosos cineastas, produtores e actrices e actores. O chimpín de prata que lle otorga Cans é un recoñecimento a este traballo e, ó mesmo tempo, unha reinvindicación da importancia dos xornalistas que fan crónicas culturais nos medios de comunicación.
Finalmente, o Chimpín de Prata que recoñece o labor dunha veciña ou veciño de Cans polo seu apoio ao festival, será para María Jesús Sánchez. “Mari da Carreira”, como é coñecida na aldea, é unha das persoas imprescindibles no funcionamento invisible do Festival. Pandereteira, alquimista do licor café especial que fai ás convidadas e convidados, reclutadora do xurado dos veciños ou organizadora da homenaxe ó Can de Pedra que abre cada ano o festival, Mari fai un traballo invisible e imprescidible dentro da aldea que o festival quere recoñecer.
Zahera, non facía de “Malamadre”. Ese era Luis Tosar. L. Z. interpretaba a “Releches”, un ionki da cadena.
Feliz edición
Tes razón. Foi un erro.
Feliz edición e feliz aniversario.
Noraboa