TOXOS

2023 | 13’ | España | Galego

festival-de-cans-novas-camadas-2024-TOXOS

Dirección, produción e guión: Jacqueline Reimúndez Fotografía e Montaxe: Samuel Román Música: Vicente Couceiro Reparto: Mariña Gestoso, Nicolás Silva, Carla Álvarez, Rubén Buezas, Paloma San Martín, Iria León, Gonzalo Valcárcel Xénero: Aventuras, Familiar Vai de: Historia de aventuras que viaxa polas lendas e o misticismo galego da man de catro rapaces e rapazas de 12 anos e unha cadela. A súa curiosidade tras ler un libro de mitos populares, lévaos a querer descubrir a veracidade dunha lenda que conta a historia dunha grade de ouro agochada no río Ulla.

O detalle: Toxos nace como traballo de fin de grao de tres alumnos de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (Anxo Cambón, Jacqueline Reimúndez e Samuel Román). O traballo consegue acadar a matrícula de honra e o premio a mellor TFG de Temática Galega.