Retrospectiva Societé Acephalé

BLOQUE I CURTAS
Sábado 25 | 10.00 h. | Baixo de Carlos

festival-de-cans-2024-retrospectiva-almost-a-kiss
ALMOST A KISS, Camille Degeye, Estrea en España
2022 | 29’ | Francia | Francés | Subtítulos en español

Dirección e guión: Camille Degeye Produción: Société Acéphale Fotografía: Robin Fresson Montaxe: Valentin Féron Xénero: Drama Reparto: Camille Degeye, Annabelle Bouzom. Vai de: Unha moza cunha mochila de camuflaxe cruza unha cidade de provincias confinada. Unha vez no seu destino, a espera un estraño protocolo de duelo. Seleccións e premios: preseleccionada para os premios César 2024 como Mellor Curta de Ficción. Gran Premio André S. Labarthe e Premio SACEM no festival Côté Court, e Gran Premio no festival Silhouette.

festival-de-cans-2024-retrospectiva-panda
PANDA, Anthony Lapia, Estrea en España
2014 | 11 ” | Francia | Francés | Subtítulos en español

Dirección: Anthony Lapia Guión: Iris Kaltenbäck, Anthony Lapia Produción: Société Acéphale Fotografía: Balthazar Lab Montaxe: Jonathan Vinel Xénero: Drama Reparto: Solène Rigot, Finnegan Oldfield Vai de: Un mozo leva a unha moza ao mar, é a súa primeira vez. A silenciosa noite acubillará o seu crecente desexo.

festival-de-cans-2024-retrospectiva-la-marieee
LA MARIÉE DE PANTIN, Eliza Muresan, Estrea en Galicia
2019 | 30’ | Francia | Francés | Subtítulos en español

Dirección: Eliza Muresan Guión: Eliza Muresan, Olivier Daniel, Redouane Hacid Produción: Société Acéphale Fotografía: Robin Fresson Montaxe: Anthony Lapia Xénero: Drama Reparto: Eliza Muresan, Nouredin Mohamed, Redouane Hacid Vai de: A primavera está no aire e unha moza deambula sen rumbo polas rúas de Pantin. Impulsada por un estraño ímpeto, dedícase a roubar obxectos aos homes que a rodean… Con todo, ela anhela outra cousa. Seleccións e premios: Premio á Mellor Interpretación Feminina no Festival Côté Court.

BLOQUE II CURTAS
Sábado 25 | 13.30 h. | Baixo de Carlos

festival-de-cans-2024-retrospectiva-journey
JOURNEY THROUGH A BODY, Camille Degeye, Estrea en Galicia
2019 | 32’ | Francia | Francés | Subtítulos en español

Dirección e guión: Camille Degeye Produción: Société Acéphale Fotografía: Robin Fresson Montaxe: Valentin Féron Xénero: Drama Reparto: Thomas Kuratli, Laurence Hallard Vai de: Thomas, un músico suízo-alemán, está atrapado en casa cun pé roto. Deambula polo seu pequeno piso parisiense, coa perna escayolada, tentando compoñer unha nova peza musical. Un bo día, unha visita inesperada espéralle detrás da porta. Seleccións e premios: Seleccionada na Semana da Crítica do Festival de Cannes, e na Academia de Cineastas do Festival de Locarno. Mellor Curtametraxe no Festival de Vilnius, Premio Especial do Xurado no Festival Côté Court, Mención Especial no festival La Cabina, España.

festival-de-cans-2024-retrospectiva-le-petit
LE PETIT, Lorenzo Bianchi, Estrea en Galicia
2017 | 25’ | Francia | Francés | Subtítulos en español

Dirección: Lorenzo Bianchi Guión: Lorenzo Bianchi, Ilias El Faris Produción: Société Acéphale Fotografía: Robin Fresson Montaxe: Ariane Prunet Reparto: Luka Sauke, Valérie Massadian, Paul Blain, Alix Montheil Xénero: Drama Vai de: Nunha aldea remota, o pequeno Luka xa viu o peor. A enfermidade do seu pai e a súa estreita relación coa súa nai convertéronlle no home da casa. A presenza inesperada na mesa de xantar do enfermeiro, esperta os seus celos, polo que tamén el decide traer ao seu propio invitado. Seleccións e premios: Mellor Fotografía en Clermont-Ferrand, Mellor Película na Mostra de Cinema de Taranto, Mellor Guion nos Prisma Indepentent Awards Italia, Premio da Crítica no Firenze Film Corti, Mención Especial en Namur Film Festival (Bélxica).

festival-de-cans-2024-retrospectiva-box
BOX, Matthew Barton, Estrea en España
2019 | 9’ | Francia, Reino Unido | Inglés | Subtítulos en español

Dirección, guión e montaxe: Matthew Barton Produción: Société Acéphale Fotografía: Marcus Autelli Xénero: Documental Con: Arsalan Kahn, Josh McDonald Vai de: A adversidade xera escapismo. O exercicio libera estrés. O inminente desaloxo da Xungla de Calais vivido a través do prisma do club de boxeo do campamento. Seleccións e premios: Premier Mundial no Festival de Rotterdam, Mención Especial no festival Partie(s) de Campagne, Francia.