PALMARÉS DO IV CONCURSO ‘O OLLO DE VIDRO’

Esta tarde o xurado entregou no Baixo de Bugarín os premios da final do concurso ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans en colaboración coa canle de Youtube Recoméndoche un libro. Tras unha longa e dura deliberación determinaron que as pezas premiadas son:

Premio do xurado: La profecía del cuervo, de Lia Lago. Reciben unha dotación económica de 400€, unha escultura conmemorativa, lote de libros da Editorial Galaxia e placa do Festival de Cans. O xurado destacou a súa orixinalidade, a gran labor da realización das ilustracións que logran captar a atmósfera do libro e o espíritu dos personaxes.

Premio do público: Made in Galiza, de Ana Fernández. Reciben unha dotación económica de 250€, un lote de libros da Editorial Galaxia e placa do Festival de Cans.

Premio Festival de Cans: O xardineiro dos ingleses, de Aarón Vilariño e Artur Vázquez. Premiado con dúas noites de hotel para dúas persoas (venres e sábado), dúas entradas para as curtas a concurso do Festival, un lote de libros da Editorial Galaxia e placa do Festival de Cans.

O xurado tamén decidiu facer dúas mencións especiais aos seguintes vídeos:

  • Espertando soñor, vídeo realizado polo alumando de 1º e 2º de primaria do CEIP Belesar de Baiona.
  • Buenos días, Princesa!, de Arianna Vicente e Jennifer Leirós.