FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”
Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 11 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.
As obras estarán dispoñibles na páxina web do certame a partir de hoxe, xoves, ás 12h e ata o vindeiro domingo á medianoite, nun proxecto que conta co soporte tecnolóxico de Vimeo e foi posible grazas ao traballo desenvolto nas últimas semanas pola empresa porriñesa Quadralia.
As películas organizaranse en 4 bloques. Ver cada un deles custará 3 euros. O abono que permite velas todas ten un desconto: só custará 5 euros. Todo o diñero recadado proxeccións repartirase entre as curtametraxes participantes.
FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”