O FESTIVAL DE CANS AGASALLA Á VECIÑANZA DA ALDEA CON CESTAS DE NADAL PARA AGRADECER A SÚA COLABORACIÓN

O Festival de Cans cuxa XXI edición terá lugar do 21 ao 25 de maio de 2024, quixo agradecer nestas datas de Nadal a colaboración de todas as veciñas e veciños da aldea. A organización repartiu 25 cestas navideñas cun contido valorado en case 60 euros, entregadas no Torreiro de Cans grazas ao apoio da cadea de supermercados Gadis, habitual patrocinador do certame.

A organización busca deste xeito ofrecer un agasallo a todas as persoas que durante o festival prestan desinteresadamente os seus baixos, galpóns ou adegas, para convertelos en salas de proxeción, lugares de concertos, zonas de comidas e convidados ou almacéns de produción.

O director do Festival Alfonso Pato e o membro da organizacion Abel Gallego, estiveron presentes na entrega, dando as grazas a veciñas e veciños pola cesión das súas propiedades. A organización agradeceu a súa contribución para que este festival mateña esta identidade singular única, convertendo os espazos privados de uso cotiá en espazos culturais abertos de uso colectivo, para que o público os desfrute durante o certame compartindo cine, música, coloquios e encontros.

Un festival comprometido con Cans ao longo de todo o ano

Esta entrega enmárcase dentro do compromiso do Festival de Cans coa comunidade local e o apoio que o certame quere prestar a aldea. Ademáis do retorno económico que obteñen os bares e restaurantes da aldea, que batiron récords na última edición, o certame tivo 151 altas laborais, das cales un alto porcentaxe corresponden a xente moza de Cans. Para moitas e moitos deles supuxo o seu primeiro contrato laboral asinado.

No pasado mes de outubro, o festival fixo entrega ás nenas e nenos da aldea que colaboran como guías dos camiños, de 30 vales desconto de material escolar.

Outra das accións foron o patrocinio e o apoio do Festival de Cans á comisión de Festas de Santo Estevo, destinado a diversas accións, como o calendario solidario impulsado por esta comisión, ou o patrocinio e a loxística de apoio ao concurso de decoración navideña nas casas, que segue medrando cada ano.

Neste caso, o festival colabora coa Asociación Cultural da aldea, nesta iniciativa que estimula a participación veciñal e para a cal está aberto o prazo nestes momentos.

O Festival ten entre os seus obxectivos continuar esta colaboración estreita coa aldea e poder contribuir ó desenvolvimento cultural e educativo durante todo ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17 − three =