Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.
Proxecta nace para poñer en primeiro plano o impacto social, económico e educativo dos festivais de cine en Galicia, que maioritariamente organizamos actividades durante todo o ano, e educamos ó público nun espírito crítico e en valores didácticos. O Festival de Cans ocupará unha vocalía, a través do seu director Alfonso Pato, na primeira xunta directiva desta coordinadora que, polo de agora, agrupa a doce festivais pero que en breve aumentará o seu número nos primeiros meses do ano, posto que outros catro solicitaron xa o ingreso.
A primeira xunta directiva estará presidida polo noso colega de Play-Doc Ángel Sánchez, con Ana Estévez da MICE (Mostra de Cine Etnográfico) de Santiago como vicepresidenta, Pela del Álamo de Curtocircuito como secretario e Manuel Pena de Fic Bueu como tesoureiro.