Música

Escolle día: Martes 21 | Mércores 22 | Xoves 23 | Venres 24 | Sábado 25

Martes 21 de Maio

musica-festival-de-cans-2024-antia-muiño
ANTÍA MUÍÑO
Martes 21 | 21.00h | Centro Cultural do Porriño

Novo talento da canción galega. A artista compostelá ha conseguido renovar a canción galega con elementos do jazz vocal, o folk americano, a canción ibérica, a bossa nova ou o fado. Na súa doce voz, podemos atopar ecos de Norah Jones, Silvia Pérez Cruz, Luz Casal ou Diana Krall. Despois dun álbum debut (“Carta Aberta”), con máis de 2 millóns de reproduccións en Spotify, vén de presentar o seu novo sinxelo, “O paxaro”. É unha das voces do documental Acordamos, que se proxectará antes da actuación.

Mércores 22 de Maio

musica-festival-de-cans-2024-homenaje-a-kepa-junkera
HOMENAXE A KEPA JUNKERA E RUADA MUSICAL
Mércores 22 | 18.00h | Torreiro de Cans

O festival de Cans rinde homenaxe ao músico de folk Kepa Junkera tras sufrir un ictus devastador, bautizando co seu nome o Jaliñeiro de Cans, onde tivo lugar unha memorable actuación no ano 2014. Ademáis de acompañarnos polos camiños de Cans cos acordeóns de Os Petóns de Saiáns, a homenaxe completarase coa proxección, ás 19.00 no Baixo de Carlos, de dúas pezas documentais sobre o artista.

musica-festival-de-cans-2024-acordecans-e-pandereteiras
ACORDECANS E PANDERETEIRAS
Mércores 22 | 21.30h | Torreiro de Cans – Noite das veciñas e veciños

O Festival comeza oficialmente coa actuación emocionante das Pandereteiras e de AcordeCans. Dúas formacións dunha vintena de veciños e veciñas cada unha que reflicten a identidade e os sons de Cans con instrumentos como a gaita, o acordeón, o tambor, o bombo e as culleres. O seu repertorio consta de música tradicional galega e composicións propias que poñen a todos os veciños a cantar.

Xoves 23 de Maio

Festival de Cans 2023: Banda de gaitas OS ZOQUEIROS
BANDA DE GAITAS “OS ZOQUEIROS”
Xoves 23 | 20.00h | Pasacalles cos chimpíns

Os zoqueiros, a banda de gaitas do Porriño, comandada polo artesán Xosé Manuel Gil, guiará o clásico desfile de chimpíns dende a Praza do Arquitecto Antonio Palacios ata o Círculo Recreativo Cultural do Porriño.

musica-festival-de-cans-2024-hydn
HYDN
Xoves 23 | 21.30h | Praza do Concello – Noite Lasal Cocinas

Antes de dar comezo ao concurso de videoclips disfrutaremos da actuación da coruñesa Sandra Guedev, máis coñecida como hydn (pronunciado como “hidden”). Cargada de sensualidade e misterio, a posta en escea e a narrativa de hydn mergúllanos no seu tenebroso imaxinario de inspiración mitolóxica. Temas como o empoderamento, a sexualidade, a saúde mental ou o amor, musicalmente influidos por bandas como The Weekend ou Kali Uchis pero cantados co seu particular “gallenglish”, non deixan indiferente a ninguén.

Venres 24 de Maio

musica-festival-de-cans-2024-lontreira
LONTREIRA
Venres 24 | 20.00h | Torreiro de Cans – Concerto Paco & Lola

Dende a súa aparición oficial no verán de 2022, a banda de Arousa é unha das bandas máis prometedoras do panorama galego. O seu son combina a música tradicional coa electrónica, mezclando poemas e cancións que narran as singladuras da vida a través das conexións cos espazos naturais que os rodean. Advirten que non hai dous concertos iguais, e que cada directo ofrece unha posta en escena única.

musica-festival-de-cans-2024-treboeiros-de-muimenta
TREBOEIROS DA MUIMENTA
Venres 24 | 21.30h | Pasarrúas cos chimpíns (patrocina: Concello de Tomiño)

A agrupación de bombos de Sobrada – Tomiño, que percorre habitualmente as comarcas do Baixo Miño, acompañará o desfile dos chimpíns polas rúas e camiños de Cans. Os seus 22 membros, de idades que van dende os 7 ata os 60 anos, darán boa mostra do folclore galego.

musica-festival-de-cans-2024-combo-paradiso
COMBO PARADISO
Venres 24 | 23.30h | Leira do Río – Espazo Estrella Galicia

Catro dos máis grandes músicos do soul e o rock nacional -Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut-, forman o mellor combo imaxinable cun novo e refrescante proxecto en castelán cuxo nome evoca as raíces latinas dos seus compoñentes, aquí mesturadas con influencias afroamericanas e anglófilas, sen renunciar ao estilo de cada un. Despois de gravar un primeiro disco nos Estudos do Náutico de San Vicente, en 2024 regresan, da man de Calaverita Records, con “Todo bien todo el rato”, producido por Pablo Díez nos Cool Mood Studios.

musica-festival-de-cans-2024-kurtz-dj

THE INCREDIBLE PEÓN KURTZ DJ
Venres 24 | 01.00h | Leira do Río – Sesión La Pócima

Curtido en mil e unha cabinas e festivais, The Incredible Peón Kurtz DJ é un valor seguro á hora de poñer a bailar ao persoal. Nas súas sesións mestúranse o funk, o disco, o house, o hiphop e hits de todos os tempos. Ningunha sesión é igual á anterior e os teus pés non deixarán moverse.

Sábado 25 de Maio

musica-festival-de-cans-2024-mediarea
MEDIAREA
Sábado 25 | 13.30 | Torreiro – Concerto vermut Polvarelo

O día grande do festival arranca da man de Mediarea: Gael Pérez (gaita), Luís Malvido (bombo), Zé Pumar (acordeón) e Rodri Martínez (percusión), unha formación que reivindica a música patrimonial galega, pero con novas e frescas melodías. Mediarea se define como “un viño novo cargado coa marca da terra que o viu nacer; un conxunto que gaña co tempo, que madura e adquire matices, que asenta e deixa pouso”. No 2023 publican o seu primeiro LP, “Sebo de Ghrilo”.

musica-festival-de-cans-2024-a-vacaloura-vermella
A VACALOURA VERMELLA
Sábado 25 | 17.00h | Leiriña do Parque do Río

Misturando composición propias con éxitos da tradición popular, a banda formada por
Daniel e David Burgos, Paco García Cobas, Noé Cabaleiro e Iñaki Prieto, leva máis de dez anos amenizando todo tipo de espectáculos. Este ano aterrizan en Cans coas súas gaitas, bombos, tambores, pandeiretas, claves, whistle, ukelele e acordeón. Alegría e festa asegurada.

musica-festival-de-cans-2024-nat-simons
NAT SIMONS
Sábado 25 | 19.00h | Leira do Río – Espazo Estrella Galicia

Nat Simons está chamada a ser unha das sensacións do ano. A artista derivou desde un rock rasgado a un pop marcado polas voces de muller no seu novo disco -e libro- “Felinas”, un ambicioso proxecto no que colabora con artistas da talla de Cherie Currie (The Runaways), Nina de Juan (Morgan), ou Anni B. Sweet. Na Leira do Río brillará cos seus sons setenteros, con ecos do punk ou dun rock clásico e melódico que vai dende Fletwood Mac a Tom Petty, pasando por Blondie e Patti Smith.

musica-festival-de-cans-2024-A-organeta-de-Pulpiño-Viascón
A ORGANETA DE PULPIÑO VIASCÓN
Sábado 25 | 20.00h | Leiriña do Parque do Río

Marcos Aboal Vázquez (Pulpiño Viascón), chega a Cans coa súa Organeta, un divertido órgano de Barbaria dos anos 60 que toca música de todo o mundo: swing, forró, rock, folk… con percusión autómata e motorizado. Un carriño musical con motores eléctricos reciclados, restaurado polo propio Pulpiño Viascón, con bocina, máquina de pompas e luces led, cheo de instrumentos máxicos, serrucho musical, trikitixa, etc. ¡Leva a ledícia por onde pasa!

musica-festival-de-cans-2024-escuchando-elefantes
ESCUCHANDO ELEFANTES
Sábado 25 | 21.00h | Torreiro de Cans

O dúo galego chega a Cans para presentar a xira “Eterno abrazo”, unha proposta musical para celebrar un momento íntimo co público. Despois de anos de distancias forzadas, evitando o contacto físico e sen música nas salas, esta xira reivindica a cercanía. O directo máis espido e esencial de Escuchando Elefantes: as súas voces, case sen microfonía, unha guitarra acústica e unha pequena batería, serán os únicos elementos deste concerto singular.

musica-festival-de-cans-2024-the-rapants
THE RAPANTS
Sábado 25 | 00.00h | Leira do Río – Espazo Estrella Galicia

The Rapants son sen dúbida o grupo galego do momento. Teñen pasado polos mellores festivais de Galicia, creando unha comunión única co público. Coa súa mezcla de pop, garage e disco, en galego e castelán, a banda de Muros presenta a súa xira, “La máquina del buen rollo”. Este segundo LP, producido por Paco Loco, presenta as letras máis escuras dos rapantes, definidas por eles mesmos como “cancións tristes para corazóns de after”.

musica-festival-de-cans-2024-señora-dj
SEÑORA DJ
Sábado 25 | 01.30h | Leira do Río – Sesión La Pócima

O estilo de Raquel R. Soto (Señora Dj) entrelaza diversos sons que poden iniciar con indie, explorar o pop e o urbano, e logo desatar a euforia co disco, o techno e mesmo un toque de petardeo fino cando a ocasión requíreo. Con eleccións maioritariamente femeninas, gosta de incluir grupos como Grande Amore, Fillas de Cassandra, Baiuca ou Hydn… transmitindo desde o escenario, a súa característica electricidade.