A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certamen considera a Jorge Coira como unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos. Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro.
Desde mediados dos anos 90, Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador,e director de series de televisión e longametraxes, na maior parte dos casos desenvolvendo uns códigos cinematográficos en clave galega.
Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como “O Matachín”, protagonizada por Luís Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como as premiadas “18 Comidas” e mais recentemente “Eroski Paraíso”, que co- dirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie “Hierro”, que recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ondas á mellor serie de televisión. En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya ó mellor montaxe, polo filme “El Desconocido”, dirixido por Dani de la Torre.
O Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu día un acordo de colaboración co Festival de Cans.
Estrea do documental “Beiras, vivir dúas Veces” e avance do seu último filme “Proyecto Emperador”, na chamada “Tarde Coira”
Con motivo da homenaxe que Jorge Coira recibirá no Festival de Cans, o certame organizará o xoves 2 de Setembro, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño a chamada “Tarde Coira”. Nela, o público poderá asistir á estrea absoluta da longametraxe documental “Beiras, vivir dúas veces”, sobre a poliédrica figura deste histórico político galego, que asistirá en Cans a esta presentación, despois de que a rodaxe se prolongase ó longo de case tres anos.
O filme, codirixido por Jorge Coira, xunto co seu irmán Pepe Coira e Gaspar Broullón, conta coas testemuñas de políticos como o Deputado do Congreso Gerardo Pisarello, escritores como Xosé Luis Méndez Ferrín ou artistas como Silverio Rivas.
Nesta “Tarde Coira”, o público tamén poderá asistir a un avance das primeiras imaxes inéditas da última película que o cineasta acaba de rodar hai só uns días: “Proyecto Emperador”, protagonizado por Luís Tosar, no que supón o seu reencontro profesional, e producido por Vaca Filmes. O filme terá un aforo limitado e a asistencia farase a través dunha inscripción previa on line que se abrirá nos vindeiros días na web do Festival de Cans.
Hola…agradezo información sobre a data de saida da preinscripcion para a Tarde Coira.
Así como das novas relacionadas con festival.
Grazas.
Un saludo.
A preinscrición abrirase o xoves 15 de xullo. Permanece atenta a nosa web e redes.
Hola.Boa tarde.Non fixen a preinscripción na tarde Coira…Ainda será posible asistir?
Grazas.
Un saludo.
Boas Conchita.
Sen preinscrición non é posible asistir.
É lamentablemente para esa actividade xa no hai prazas.
Sentímolo.
Un saúdo.