Pensabamos que os jalpóns feitos de uralita e monótonos bloques grises eran feos ata que chegou o Festival de Cans. A partir de aí, o jalpón converteuse nun espazo vintage e o feísmo nunha tendencia imparable. O jalpón onde Alicia garda a leña para a cociña de ferro, empezou como Jalpón Friki e despois evolucionou a Jalpón Fri, para proxectar creacións máis libres, como o seu propio nome di. Os lugares para sentar son sillas e herba empacada. Normalmente destínase a proxeccións paralelas fóra de competición.
Actualmente é un espazo onde non se levan a cabo actividades.