>>> Descarga o Díptico – Programa.
RECOMENDACIÓN XERAL
En Cans hai moi pouco espacio para aparcar, por este motivo durante os días do festival recomendamos subir a Cans dende O Porriño nos buses que habilita a organización!
COMO CHEGAR A O PORRIÑO
Chegar en coche
A principal vía de acceso a Cans é a Autovía das Rías Baixas que une O Porriño e Benavente. A salida de Cans é a 303 pero está cortada os días do festival.
Por este motivo, aconsellamos coller a salida 305 (O Porriño), atópase moi preto das zonas de aparcamento habilitadas pola organización.
Distancias:
- De Vigo a 15 minutos.
- De Pontevedra a 30 minutos.
- De Ourense a 45 minutos.
- De Santiago a 1 hora.
- De A Coruña a 90 minutos.
- Da fronteira con Portugal a 15 minutos.
- De Oporto a 1 hora.
- Do outro Festival de Cannes a 15 horas.
Chegar en bus
Cans é unha aldea ben comunicada por bus. Durante o ano, paran buses cada media hora, que van dende Vigo a Ponteareas, A Cañiza ou Mondariz.
Durante o festival está cortada a estrada e as paradas son no Porriño diante do Hotel Internacional e o Instituto.
Hai tamén buses ao Porriño cada media hora dende a Estación de autobuses de Vigo. A parada de autobús do Porriño encóntrase a 2 minutos camiñando do lugar dende onde saen as lanzadeiras cara o festival.
Chegar en tren
A mellor opción é vir en tren ata Vigo e despois coller un autobús ata O Porriño.
Só hai dúas frecuencias que cheguen directamente ao Porriño dende Vigo, Pontevedra ou Redondela.
Chegar en avión
Para os que vides de fóra de Galicia.
Cans atópase a 15 minutos do Aeroporto de Peinador (Vigo). Dende alí ata O Porriño hai a opción de coller un taxi ou ir á Estación de autobuses de Vigo e coller un bus.
Se vides en avión tamén poden ser boas alternativas o aeroporto do Porto (Portugal) e o de Santiago de Compostela, ambos encóntranse a 75 minutos do Porriño. Hai conexión regulares de buses cos voos, normalmente ata a Estación de autobuses de Vigo.
Chegar en bici
Cans é un lugar bastante accesible que non está a moita distancia de cidades como Vigo. Cada vez recibimos máis consultas de xente que decide vir en bici ó festival e estamos encantados de que así sexa. Estamos estudando un lugar específico de parking de bicis. Se vides en bici, consultar coa organización con antelación.
DO PORRIÑO A CANS
Por que non aparcar en Cans?
En Cans hai moi pouco espazo para aparcar, e o tramo máis próximo ao festival estará pechado ao tráfico o venres pola tarde e o sábado todo o día para que tod@s poidamos estar máis cómod@s.
Polo ben común é mellor aparcar no Porriño e subir a Cans nos buses habilitados pola organización.
Entón, onde aparco?
Temos tres zonas de aparcamento:
- Parking Antonio Palacios, sito ao carón do Colexio Hermanos Quiroga (a 400 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans).
- Parking Pavillón Polideportivo do Porriño (a 500 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans).
- Parking Restaurante Guanabara (a 800 metros da saída 305 da autovía e a 5 minutos de Cans).
Onde collo o bus?
O bus ten 4 paradas:
- O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma).
- Hotel Internacional / Instituto (para os que aparquen no Pavillón do Porriño).
- Restaurante Guanabara.
- Cans (rotonda de Adroza, ao carón da estatua do Can de Pedra).
Que horarios ten o bus?
- Venres de 16.00h a 3.30h.
- Sábado de 9h30 a 4h.
Servizo de ida e volta cada 30 minutos.
Como funciona?
O bus custa 1€ ida e volta. Pagas 1€ e podes subir e baixar no horario que ti queiras.
Consultar Mapa de MOBILIDADE
MOBILIDADE INTERNA
O festival conta cunha brigada de Guías dos Camiños, nenos e nenas da parroquia que resolven in situ calquera dúbida que poida surxir. Van identificados con petos amarelos.
OS CHIMPIBUSES
En Cans desfrutamos dun medio de transporte propio, único e xenuino, os chimpibuses. Estes pequenos pequenos tractores domésticos transportan aos invitadxs nas distintas “procesións” que teñen lugar o xoves, o venres e o sábado.
Tamén son utilizados para o transporte de mercancías nos días previos e posteriores ao festival, son unha parte importante no montaxe e desmontaxe do evento.
Este ano, volvemos ás orixes, e os chimpibuses transportarán ás persoas con entrada para as Seccións a Concurso ata as salas de proxección, no primeiro pase, desde as 16.15h ata as 17h.