Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303

O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de formar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival de Cans, que terá lugar do 22 ao 25 de maio deste ano.

En pasadas edicións, o festival traballou con alumnos e alumnas de diversas idades na creación de pezas documentais co obxectivo de recuperar a memoria da aldea e recompilar material fotográfico, en vídeo ou sonoro.

Polo de agora se levan producido as seguintes pezas:

  • Ponme a última! (2016), 
  • Hoxe non é un soño (2017) e,
  • Dona Sara (2018).

O curso comezará este sábado 16 de febreiro para celebrarse todos os sábados dos meses de febreiro, marzo e abril, entre as 10,00 e as 13,00 horas da mañá. Esta formación, que será impartida na sede do Festival de Cans polo realizador Juanma Lodo, terá un prezo de 40 euros, pero haberá un desconto do 50% para todas as persoas que colaboren na organización do festival ou sexan socias da Asociación de Veciños O Castelo de Cans.

As persoas que desexen presentar a súa candidatura para o curso poden inscribirse no correo electrónico cans303@festivaldecans.com ou chamando ó número de teléfono 679 433 076