Coloquios/Encontros (apadriña Café Dromedario)

Escolle actividade: Coloquios no torreiro | Encontros dálle caña | Encontros AISGE con actores/actrices | Cineherdanzas | Masterclass subtitulado/accesibilidade | Mesa proxecta: a arte de programar | Café con Crea | Lendocine

COLOQUIO NO TORREIRO

festival-de-cans-2024-coloquios-david-trueba
DAVID TRUEBA
Sábado 25 | 12.00h | Torreiro de Cans

David Trueba (Madrid, 1969) é director de cine, pero tamén é moitas máis cousas: xornalista, escritor, guionista ou dramaturgo, ámbito no que acaba de debutar coa obra “Los Guapos”. Como novelista, foi Premio Nacional da Crítica en 2008 co libro “Saber perder”.

Dotado dunha irrefrenable fecundidade creativa, David Trueba dirixiu quince filmes, escribiu seis libros de narrativa, numerosos artículos xornalísticos e ata letras de cancións. Empezou no cine facendo curtametraxes e despois como guionista de filmes como Amo tu cama rica (1992), Los peores años de nuestra vida (1994), Two Much (1995), La niña de tus ojos (1998), ou Balseros (2002), único documental español nominado aos Oscar.

Foi director de filmes como Soldados de Salamina (2003), Madrid, 1987 (2011) ou a marabillosa Vivir es fácil con los ojos cerrados, pola que en 2013 ganaría tres Goyas, a mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal.

O seu último filme ata a data, Saben Aquell, arredor do humorista Eugenio, valeulle nada menos que once nominacións nos últimos Premios Goya.

Será un honor recibir nos coloquios de Cans a David Trueba, coñecer máis de cerca o seu proceso creativo, saber cómo se escriben filmes “que non descarten a ningún espectador”, como a él lle gusta dicir, e poñerlle unha estrela no Torreiro á beira da do seu irmán, Fernando Trueba.

MASTERCLASS DE SUBTITULADO E AUDIODESCRIPCIÓN

festival-de-cans-2024-coloquios-masterclass-pablo-romero
Con Pablo Romero-Fresco
Martes 21 | 12.30h | Baixo de Carlos

A metodoloxía que en materia de subtitulado, audiodescripción e accesibilidade está a desenvolver o cineasta e investigador Pablo Romero-Fresco, fai que sexa unha das máis avanzadas do mundo neste eido. Este investigador traballa en achegar o cinema a persoas con diversos graos de discapacidade, que van de persoas xordas a persoas con problemas de visibilidade. Nesta edición, traeranos o último paso dado en materia de audiodescripción, que chamou a atención de grandes produtoras ou plataformas de contidos como Netflix. Partirá de exemplos utilizados no seu filme Donde acaba la memoria, en diálogo con outrxs realizadorxs e produtorxs.

CINEHERDANZAS

Mércores 22 | 11.00h | Baixo de Carlos
Coa presenza de Xaime Varela Sieiro, Xesús Asorey e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

Presentamos unha nova sección dedicada ao cinema de patrimonio e arquivo. Baixo o nome de Cineherdanzas, recuperaremos e analizaremos unha parte da memoria audiovisual galega. Inauguramos coa primeira presentación pública dunha parte do arquivo fílmico de Carlos Asorey, descuberto polo profesor Xaime Varela. Asorey, filósofo e cineasta amateur, foi un dos escasos exemplos dun cinema militante na Galicia dos anos 70, interesado pola emigración e o exilio político do Partido Comunista galego en París. Na presentación proxectaremos o film Oficio de Desterro, recentemente restaurado e dixitalizado.

festival-de-cans-2024-cineherdanzas

OFICIO DE DESTERRO
1978-1979 | 39’54’’| España | Galego | Estrea copia restaurada

Guión, realización e montaxe: Carlos Asorey. Fotografía: Agustín Barbazán, Enrique Suárez e Carlos Asorey. Produción: Artistas Asociados Con: Silvia Pérez, Elena Grille e Fina Mantiñán. Xénero: Documental. Vai de: Unha rapaza agarda a unha moza que chega en tren á estación de Austerlitz. Camiñan ata a casa desfrutando do paseo parisino. Son traballadoras de Galicia nunha gran cidade europea, e cada primeiro de maio, defenden os seus dereitos laborais. No verán regresan con esperanza a Galicia.

O detalle: Probablemente, as únicas imaxes que temos sobre a emigración galega en París nos 70.

Carlos Asorey (Loño, Vila de Cruces, 1950 – Santiago de Compostela, 2015), cursou estudos de Filosofía en Madrid. Son os últimos anos do franquismo e frecuenta amizades e círculos políticos que lle fan temer pola súa seguridade. A comezos dos 70 exíliase en París. O seu interese pola filosofía lévao aos cursos libres da nova Universidade de Vincennes, ao tempo que comeza tamén a realizar estudos da súa outra gran paixón: o cine. Asiduo da Filmothèque, sente paixón por Godard, Wajda, Ferreri ou Pasolini, e mesmo traballa co cineasta chileno exiliado Raúl Ruiz. Participa tamén nas tertulias parisinas (con A. García Calvo ou Ramón Chao, entre outros) e, sobre todo, no asociacionismo galego, unha vez que entra en contacto coa Asociación Cultural “O toxo” que canaliza a súa simpatía co PCG, fundado non había moito na cidade. Sobre o ano 1977 comeza a gravar. Grazas á súa familia, puidemos recuperar máis de 5h de gravacións en Super8, montadas de xeito moi precario. En 1981 regresa de París por mor dunha enfermidade e no 1985 entra a traballar como cámara na TVG sen ver cumprido o desexo de facer cine en Galicia.

Xaime Varela Sieiro (Agolada) é licenciado en Filoloxía Clásica e Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués) pola USC, e doutor en Filoloxía Clásica (programa Estudos medievais) pola mesma universidade. Desde 1995 exerce como docente de Lingua e Literatura galega e coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua en diversos institutos. Está especializado no período inicial da nosa lingua, na historia do asociacionismo, e na produción cultural galega en Francia e no Reino Unido.

ENCONTROS AISGE CON ACTORES E ACTRICES (COLOQUIOS AISGE)

A fundación AISGE, que xestiona os dereitos de propiedade intelectual dxs intérpretes, dobladorxs, bailarinxs, e directorxs de escena de Galicia apadriña, un ano máis, unha serie de coloquios que nos achegan aos retos e desafíos que deben afrontar, ou que dan a coñecer importantes iniciativas culturais do sector.

festival-de-cans-2024-coloquios-encontros-aisge-ivan-arpa-e-tatan
festival-de-cans-2024-coloquios-encontros-aisge-Deborah-Vukusic
ACTORES E ACTRICES, PROFESIÓN DE RISCO
Mércores 22 | 12.30h | Baixo de Carlos
Coa presenza de Iván Arpa, Eduardo Rodríguez ‘Tatán’, e Deborah Vukusic.

A Fundación AISGE ven de publicar o novo Informe sociolaboral de actores, actrices e bailaríns en España. Un documento que reflicte a situación actual a partires de exhaustivas enquisas aos seus socios e socias. Pódese vivir da arte? A que responde a brecha de xénero na interpretación? O coordinador do informe, e responsable da Área Asistencial de AISGE, Iván Arpa, porá luz neste coloquio que compartirá con dous intérpretes ben queridos na profesión: Eduardo Rodríguez ‘Tatán’ e a tamén directora e escritora Deborah Vukusic.

festival-de-cans-2024-coloquios-encontros-aisge-isabel-blanco-e-celso-bugallo
festival-de-cans-2024-coloquios-encontros-aisge-diego-barcena
A MEMORIA ESCOITADA
Xoves 23 | 11.30h | Torreiro
Coa presenza de Isabel Blanco, Celso Bugallo e Diego Bárcena

Oito libros autobiográficos do #TallerDeLaMemoria da Fundación AISGE, con protagonistas galegos, teñen a súa versión en formato audiolibro. Dorotea Bárcena, Manuel Lourenzo, ou Pilar Pereira, da que temos unha rúa no Festival de Cans, son os protagonistas das historias da escena galega. O actor Celso Bugallo (El caso Asunta), e a actriz, e delegada da Fundación AISGE, Isabel Blanco, contaranos como levaron a cabo este ambicioso proxecto. Contaremos tamén coa presenza de Diego Bárcena, fillo da actriz, dramaturga e directora teatral Dorotea Bárcena, que pon voz no audiolibro da súa nai.

festival-de-cans-2024-coloquios-encontros-aisge-tamar-novas-e-maria-vazquez
TAMAR NOVAS CONVERSA CON MARÍA VÁZQUEZ
Venres 24 | 13.00h | Torreiro

Un ano máis, o actor Tamar Novas é o anfitrión do tradicional coloquio entre actores dos venres de Cans. Este ano convida a actriz máis exitosa do momento, María Vázquez, a unha charla sobre os traballos menos visibles da súa profesión e as inquedanzas de ambos como intérpretes. Unha ocasión única para escoitar a amena conversa entre dous actores galegos cunha chea de recoñecementos nacionais e internacionais. Despois do éxito, que vén?.

ENCONTROS DÁLLE CAÑA! – ESTRELLA GALICIA

festival-de-cans-2024-coloquios-dalle-caña

Encontro cos realizadores e realizadoras das seccións a competición para achergarnos aos seus traballos e compartir co público os seus procesos de creación.

Mércores 22 | 16.00h | Torreiro de Cans (patrocina: Deleite)
Encontro coas realizadoras e os realizadores da sección Novas Camadas.

Xoves 23 | 19.00h | Auditorio Centro Cultural Municipal de Porriño
Encontro coas realizadoras e os realizadores dos videoclips a concurso.

Sábado 25 | 16.00h | Torreiro de Cans
Encontro coas realizadoras e os realizadores das seccións Ficción e Animación.

Sábado 25 | 17.30h | Torreiro de Cans
Encontro coas realizadoras e os realizadores da sección FuraCans.

MESA PROXECTA

festival-de-cans-2024-coloquios-proxecta-suso-novas-e-ana-davidfestival-de-cans-2024-coloquios-proxecta-andrea-franco
PROGRAMADORXS DE FESTIVAIS, ¿ANXOS OU DEMOS?
Xoves 23 | 10.30h | Baixo de Carlos
Coa presenza de Suso Novás, director artístico do Festival Novos Cinemas; Ana David, programadora da sección Panorama da Berlinale e Batalha, Centro de Cinema; e Andrea Franco, programadora no FICX (Xixón), Márgenes, Intersección e Cans.

Proxecta, coordinadora galega dos festivais de cinema, organiza un novo encontro para poñer sobre a mesa as decisións e desafíos aos que se enfrontan as e os programadorxs á hora de seleccionar os títulos que exhibe un festival. Cuestións como a variedade de temas, xéneros ou nacionalidades; o equilibrio entre homes e mulleres; os riscos de apostar por filmes polémicos; a necesidade de contar con determinado número de estreas; as estratexias para chegar a certos públicos… son só algunhas das obrigas e intereses que todo festival debe asumir para poder existir.

LENDOCINE

Xoves 22 | 17. 30h | Botica Nova, Parque do Cristo
Libros para asinar disponibles na Librería Paz, á beira da Botica Nova.

LendoCine é un encontro con autores de novidades editoriais que teñen como eixo a temática do cine: do ensaio aos libros ilustrados, da narrativa aos fanzines. Un ano máis, a cita volve a congregarse fronte a Botica Nova, o emblemático edificio de Antonio Palacios, icono do eclecticismo dos primeiros anos do século XX, célebre polas tertulias intelectuais que alí se celebraban.

Con Manolo González, Alba Cantalapiedra, Pepe Coira, Nuria Díaz, Xulio Teixeira, David Calviño, Rubén Rial e Suso Iglesias.

festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-o-benshi
O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos, 2023), de Manolo González. Antonio Rey Soto foi un inaudito e pioneiro director de cinema galego. Ademáis de cura, poeta, bibliófilo apasionado, bohemio, seductor e sibarita, emprendeu un proxecto singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe perdida), coa que fixo unha xira por toda América en 1923. Cunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuaba en cada proxeción narrando ao público os contidos do seu filme.
festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-malditos-spoilers
Malditos Spoilers (Lunwerg, 2022), de Alba Cantalapiedra e Antonio Rosa. Antonio Rey Soto foi un inaudito e pioneiro director de cinema galego. Ademáis de cura, poeta, bibliófilo apasionado, bohemio, seductor e sibarita, emprendeu un proxecto singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe perdida), coa que fixo unha xira por toda América en 1923. Cunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuaba en cada proxeción narrando ao público os contidos do seu filme.
festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-las-costuras-del-guion
Las Costuras del guión (Ollo vivo e Tris Tram, 2024), de Daniel Domínguez. Libro que parte dos exquisitos textos que ao longo de anos o guionista Daniel Domínguez (1955- 2020), deixou plasmados no seu blog “La escuela de los domingos”, e nos que amosa o seu amplo coñecemento sobre o cinema. A edición corre a cargo do seu amigo e tamén guionista Pepe Coira.
festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-charlie-chaplin
Charlie Chaplin: El pequeño vagabundo (Libre Albedrío, 2024), de Nuria Díaz. A través de bellísimas ilustracións, cóntase a historia dun neno cunha infancia marcada pola pobreza, de como nace o icónico personaxe do vagabundo de gran corazón: Charlot, e dalgunha das súas achegas máis extraordinarias á historia do cinema, como “Tiempos modernos” ou “El gran dictador”.
festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-as-vidas-do-rio
As vidas do río, (Editorial Galaxia, 2024), de Xulio Teixeira. O porriñés Xulio Teixeira debuta na narrativa con esta novela negra protagonizada polo comisario Serafín Freixeiro, cunha trama ubicada na cidade de Pontevedra e con moitas chiscadelas cinematográficas. Un adictivo cocktail de suspense con referentes que van desde os spaguetti western, á David Fincher ou Christopher Nolan.
festival-de-cans-2024-coloquios-lendo-cine-onda-vital
Onda Vital (Editorial Baixo Terra, 2023), de David Calviño e Rubén Rial. Rescata o espírito dos fanzines autoeditados, analizando o impacto do audiovisual na cultura popular. Neste caso o pouso que deixou o anime xaponés en Galicia a través do mítico Xabarín Club, con títulos como “Bola de Dragón”, “Shin Chan” ou “Conan o neno futuro” de Miyazaki. Suso Iglesias, creador do Xabarín e autor do prólogo, tamén estará acompañando aos autores.

TAPAS DE CINE: O CORNO | Por Mijo Minibar – SHOWCOOKING ESTRELLA GALICIA

festival-de-cans-2024-tapas-de-cine
Xoves 22 | 19.00h | Praza do Concello

Jonathan Mota, propietario e chef executivo do restaurante Mijo Minibar (Vigo) propón unha tapa inspirada nas mulleres mariscadoras, composta por unha crema de ameixas elaborada co mollo da cocción destas xunto con tripas de bacallau coa que consegue textura. A creación homenaxea a O Corno, de Jaione Camborde, ao tempo que fai unha chiscadela á conexión Galicia e Portugal.

CAFÉ CON CREA

festival-de-cans-2024-coloquios-cafe-con-crea-anthony-lapia-camille-degeye-lorenzo-bianchi festival-de-cans-2024-coloquios-cafe-con-crea-xoan-escudero
SOCIÉTÉ ACÉPHALE
Venres 24 | 10.30h | Baixo de Carlos
Coa presenza de Anthony Lapia, Camille Degeye e Lorenzo Bianchi (Société Acéphale) e o cineasta galego Xoán Escudero.

O cineasta Xoán Escudero, membro de CREA, guiará este encontro para coñecer a forma de traballo dos protagonistas da nosa retrospectiva internacional, unha productora onde os membros participan en case todos os roles da creación audiovisual -dirección, guion, produción, montaxe…, como amigos, pero sobre todo como cómplices na creación dun tipo de cinema independente de gran forza visual e sutil liña política. Outros membros da productora (Eliza Muresan, Matthew Barton e Natalia Wiszniewska) estarán entre o público para participar. A sección permite intercambiar ideas con cineastas doutros países, nun coloquio aberto a público e profesonais.