Iván Ferreiro e Delafé, banda sonora do día das homenaxes
20/05/2016O audiovisual continúa a expandirse hoxe no Festival de Cans nunha xornada marcada pola posta en valor dos creadores e creadoras galegos. Máis como xa é habitual aquí, non todo é cinema e a parroquia anegarase tamén polas propostas musicais. Unha delas é a de Iván Ferreiro, que enche os oídos e os corazóns de milleiros
Día dos creadores e as homenaxes
19/05/2016Mañá no Festival de Cans temos unha xornada ben cargadiña de cinema dedicada ás nosas creadoras e creadores, pero tamén das ondas da radio, xa que Ángel Carmona emitirá Hoy empieza todo de Radio 3 en directo dende Cans a partir das 7h00. Durante o programa haberá un almorzo “Galicia Calidade” preparado polo barista Óscar de Toro
“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación
Esta mañá presentouse no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño Psiconautas, o filme de estrea de Cans 2016. Tras gañar o Premio Lurra Green Peace do Festival de San Sebastián en 2015 e, máis recentemente, o premio á Mellor Película de Animación no Golden Kuker-Sofia e o Stuttgart Film Festival, chega para proxectarse na súa
Mañá comeza o XIII Festival de Cans!
17/05/2016Mañá mércores arrinca a XIII edición do Festival de Cans na que, dende o 18 ao 21 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual.
CanZine: o ano dos allos
13/05/2016Volve a rúa o Canzine! O xornal oficial do Festival de Cans, dirixido por Diego Giráldez e editado por Arela, chega unha vez máis ateigado de cousas interesantes.
O actor Enrique San Francisco colocará a súa estrela no Torreiro de Cans
12/05/2016Enrique San Francisco, actor que prestou a súa voz para un dos personaxes principais de Psiconautas -o filme de estrea da XIII edición do festival- presentará o próximo xoves 19 a longametraxe no Circulo Recreativo e Cultural do Porriño.
Mañá terá lugar a venda física de entradas en Cans!
Tras esgotar as entradas dispoñibles online, o Festival de Cans venderá mañá, venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas 100 entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición.
A cicatriz branca
06/05/2016Apuntade nas vosas axendas! Este domingo día 8 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.
Presentación XIII Festival de Cans
03/05/2016Iván Ferreiro abrirá os concertos na Leira na edición máis multidisciplinar do Festival de Cans Xa presentamos oficialmente a 13ª edición do Festival de Cans! E fixémolo coa proposta máis multidisciplinar da súa historia
Retomamos a venda de entradas!
A partir do mércores 4 de maio ás 12h00 poñeranse á venda on line máis entradas para esta edición do Festival de Cans, que darán acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da nosa tenda virtual ata o próximo 11 de maio ás 23h59.
“Funes, o inventor da lúa”
30/04/2016Este domingo día 1 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can”. Esta vez será a quenda dun filme documental que agocha unha gran historia: “Funes, o inventor da lúa”, dirixido por Enrique Otero.
Os Diplomáticos de Monte Alto e Novedades Carminha actuarán no día grande de Cans
27/04/2016Hai 25 anos os Diplomáticos de Monte Alto facían a súa primeira aparición pública no Porriño. Agora regresan de novo á zona para facernos lembrar a todos aquela “Arroutada Pangalaica”, o seu primeiro disco co que saltaron aos escenarios galegos e co que encheron o mundo do seu rock bravú.
Videoclips a concurso na Noite Gia
A Noite Gia desenvolverase a carón do Pub Chimenea (O Porriño), o xoves 19 de maio cunha actuación previa do grupo Best Boy, liderado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. O dúo perfílase como un dos máis interesantes do panorama galego actual
Joao Tomba, o regreso
23/04/2016Como xa avanzamos a Leira de Alicia cobra protagonismo nesta edición coa acollida do Espazo Mahou, unha zona con carpa e escenario, pensada para a conversa tranquila onde, ademais do habitual coloquio cun ou unha cineasta e outras actividades relacionadas co audiovisual, haberá varias actuacións musicais relacionadas coas proxeccións do Jalpón de Alicia.
“Mulleres da raia”
22/04/2016Tomade nota! Este domingo día 24 de abril ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.
Máis actividade na Leira de Alicia
21/04/2016A Leira de Alicia, un dos espazos emblemáticos do Festival de Cans, que cada ano acolle o coloquio co director convidado da edición, pasará a ter programación continuada nos días principais do certame, o venres 20 de maio e o sábado 21. Acollerá o Espazo Mahou, empresa que confirmou a súa continuidade como principal patrocinador
Rebobinando “El desconocido”
19/04/2016O ano pasado no Festival de Cans estreamos unha sección que era unha aventura arriscada baixo o título “Rebobinando, o filme contado” e que consistía en propoñerlle a un director que contase os segredos da súa película en tempo real, falando cun micro ao mesmo tempo que transcorría a proxección, durante os silencios do filme.
Venda das 500 primeiras entradas
18/04/2016Mañá martes 19 de abril a partir das 12h00 poñeranse á venda on line as primeiras 500 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio, 200 delas para a sesión matinal e 300 para a sesión de tarde.
“A viaxe dos Chévere”
14/04/2016Este domingo volverá a haber proxección do ciclo “Sen un Can”, que o Festival de Cans organiza en colaboración coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. Será ás 19h00 co pase de A viaxe dos Chévere de Alfonso Zarauza
Un cartel para escorrentar meigallos
12/04/2016Esta mañá presentamos a imaxe gráfica e as camisetas do XIII Festival de Cans na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseñador da casa, Pablo Rodríguez, autor das creatividades, destacou como elemento principal desta edición número 13 a restra de allos
“Psiconautas”, estrea en Cans
O Festival de Cans acollerá a estrea de Psiconautas, unha longametraxe de animación pero pensada principalmente para o público adulto, dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e que estivo no pasado Festival de San Sebastián.
Delafé traerá a súa forza irresistible a Cans
07/04/2016Delafé, o novo proxecto de Óscar D’Aniello, será o encargado de facer o arranque musical da Noite das Homenaxes do Festival de Cans, como concerto principal no Torreiro do venres día 20 de maio.
Ciclo de cinema “Sen un can”
Este domingo día 10 de abril estreamos o ciclo de cinema “Sen un can”, unha iniciativa promovida xunto coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. O obxectivo é exhibir filmes de directoras e directores galegos, de baixo presuposto e darlles a visibilidade da que carecen nos circuítos convencionais de exhibición.
Can Parade 2016
22/03/2016Volvemos abrir convocatoria para a que é xa a nosa cita anual coa arte e cos creadores e creadoras máis novos: a Can Parade. A través desta iniciativa queremos convidar a artistas, deseñadores, creadores ou colectivos de calquera disciplina
Emma Lustres, Pedigree 2016
16/03/2016A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films.
Chimpíns de Prata 2016
A organización do Festival de Cans decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid”
Batemos o noso récord de curtas inscritas!
10/03/2016O venres pechamos a convocatoria para as seccións a concurso desta edición. Logo da revisión e clasificación de todo o material recibido xa podemos confirmar que batemos o noso récord de curtas inscritas. En total recibimos 215 producións, o que supón un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, que nos chegaran 184 traballos.
Decálogo para a visibilidade das mulleres
07/03/2016Dende o Festival de Cans queremos impulsar un decálogo de medidas para promover a visibilidade das mulleres, particularmente as mulleres creadoras, dentro de todas as nosas seccións e homenaxes.
Apadriña un jalpón!
29/02/2016Unha vez máis dende o Festival de Cans queremos facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao financiamento do certame, ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración, entre elas, o apadriñamento dun jalpón.
Escena 1, toma 2, acción!
27/02/2016Un ano máis volvemos estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual. Alentamos a un grupo de dez persoas entre os 12 e os 60 anos a desenvolver un proxecto que ten como obxectivo recuperar a memoria cotiá da parroquia.