Volve a rúa o Canzine! O xornal oficial do Festival de Cans, dirixido por Diego Giráldez e editado por Arela, chega unha vez máis ateigado de cousas interesantes.
Nesta edición poderedes disfrutar de entrevistas aos protagonistas deste ano: Emma Lustres, Xurxo Souto, Iván Ferreiro, Os Diplomáticos de Montealto, Delafé, Chelo Fortes e Manolo Cid.
Contamos tamén con textos de amigos e amigas do eido audiovisual como Nerea Barros, Dani de la Torre, Jorge Coira, Cármen Méndez e o director de Psiconautas, Alberto Vázquez, falando do seu propio filme.
Ademais escriben músicos como César Strawberry, Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto ou De Vacas; a bailarina Janet Novás; e xornalistas como Angel Suanzes, Tati Moyano, María Pexegueiro e Manrique Fernández.
Unha das páxinas máis interesantes está dedicada ao noso “Decálogo para a visibilidade da muller” con opinións sobre a iniciativa de Uxía, Alexia Muiños, Sonia Méndez, Also Sisters, Pilar Comesaña, Monica Caamaño, Soledad Rebollo e Chelo Loureiro.
Tampouco podía faltar unha viñeta inédita do grande Siro López e contamos coa colaboración da fotógrafa Cris Andina. Quen dá máis neste ano dos allos?