O Can de Pedra, ubicado na rotonda de entrada a Cans é un dos grandes símbolos do festival e seguramente tamén o máis fotografado durante todo o ano. Aquí arranca cada edición do festival coas Pandereteiras de Cans facéndolle unha homenaxe. Aquí tamén adoita comezar o roteiro sonoro que se fai os sábados pola mañá.