O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. Continúe lendo O Festival de Cans impulsa un curso de vídeo
Autor: Festival Cans
O FESTIVAL DE CANS IMPULSA UN CONCURSO DE BOOKTRAILERS
O Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e 26 de maio deste ano, impulsará nesta XV edición un concurso de booktrailers e booktubers, que ten como obxectivo estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS IMPULSA UN CONCURSO DE BOOKTRAILERS
Bases
O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para a súa XV edición
O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición do 23 ó 26 de maio de 2018, abre hoxe martes 26 de decembro a súa convocatoria de obras a concurso, que presentará moitas novidades con respecto á edición anterior.
Continúe lendo O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para a súa XV edición
O FESTIVAL DE CANS 2018 XA TEN DATAS, DO 23 Ó 26 DE MAIO
A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans xa decidiu as datas do evento na súa XV edición que terá lugar do mércores 23 ó sábado 26 de maio. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS 2018 XA TEN DATAS, DO 23 Ó 26 DE MAIO
O Festival e Carlin entregan material escolar a nenas e nenos de Cans
O Festival de Cans e a empresa Carlin entregaron esta fin de semana 25 vales de desconto en material escolar a todas as nenas e nenos de Cans que colaboraron como guías dos camiños na última edición da mostra de curtas.
Continúe lendo O Festival e Carlin entregan material escolar a nenas e nenos de Cans
O Festival de Cans creou un total de 110 postos de traballo durante os catro días de Festival
O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo. Continúe lendo O Festival de Cans creou un total de 110 postos de traballo durante os catro días de Festival
OVIEDO ACOLLEU A PROXECIÓN DOS VIDEOCLIPS DE CANS
Os videoclips finalistas do concurso de clips do Festival de Cans proxectáronse a pasada fin de semana en Oviedo. As proxecións tiveron lugar no Campo San Francisco, dentro do Espazo Oviclip Continúe lendo OVIEDO ACOLLEU A PROXECIÓN DOS VIDEOCLIPS DE CANS
O Festival de Cans proxecta mañá as obras gañadoras desta XIV edición
Mañá, sábado 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XIV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño. Continúe lendo O Festival de Cans proxecta mañá as obras gañadoras desta XIV edición
13.000 persoas visitan o Festival de Cans na súa edición máis exitosa
- Durante os seus catro días de duración, o Festival potenciou os coloquios e encontros e reforzou a programación adicada ao público infantil.
- Por primeira vez, descentralizouse a programación, espallando aos asistentes polas diversas actividades que deron comezo xa dende o mércores 24. Continúe lendo 13.000 persoas visitan o Festival de Cans na súa edición máis exitosa
Palmarés de #Cans2017
Cans prepárase para o seu día grande
Comeza o sábado, día grande do Festival de Cans e arrincamos cargados de programación mjsical, audiovisual, roteiros, estreas, estrelas, encontros, pintura, actividades infantís… un día espectacular! Continúe lendo Cans prepárase para o seu día grande
Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas
O venres 26 de maio, tivo como protagonistas aos creadores e creadoras nas primeiras horas da xornada no Café con CREA, protagonizado polo director Guillermo García e membros da asociación, e nas nosas seccións “A que andas?” e “Fill@s de Cans”. Continúe lendo Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas
Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival
O Festival de Cans inaugurou a súa segunda xornada de Festival recibindo a centos de escolares na súa sección “Cans do futuro”. Os rapaces e rapazas asistiron a hora e media de proxeción e participaron nunha visita guiada pola aldea. Continúe lendo Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival
Hoxe comeza o XIV Festival de Cans
Hoxe arrinca a XIV edición do Festival de Cans na que, dende o 24 ao 27 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual. Serán catro días de celebración arredor da música e o cine nunha das edicións do certame con máis carga social e máis multidisciplinar na súa programación Continúe lendo Hoxe comeza o XIV Festival de Cans
Xa está na rúa o CanZine!
Dende hoxe xa podedes ler o CanZine, o noso xornal oficial de Cans 2017! Nel entrevistas ao director Montxo Armendáriz, aos premiados Miguel de Lira, Jorge Coira e Xano ou á escritora, xornalista e membro do xurado Mara Torres. Continúe lendo Xa está na rúa o CanZine!
Mañá terá lugar a venda física de entradas no Torreiro de Cans
O Festival de Cans venderá mañá, venres 19 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde. Continúe lendo Mañá terá lugar a venda física de entradas no Torreiro de Cans
Segundo prazo de venda de entradas
Lembrade que o Festival de Cans abrirá este xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio. Continúe lendo Segundo prazo de venda de entradas
Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans
DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO CON TODA A PROGRAMACIÓN
O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura Continúe lendo Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans
Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival
O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves 25 de maio, no que terá lugar o habitual concurso de videoclips da Noite Gía, convertíndoo nunha xornada na que convivirán o audiovisual, a música, a gastronomía, a literatura e as artes plásticas con actividade dende a mañá ata a noite. Continúe lendo Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival
A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans
O Festival de Cans fusionará, como xa é habitual, o audiovisual coa música na zona do Jaliñeiro e o Espazo Multiusos na tarde do sábado 27 de maio, día grande do Festival. Continúe lendo A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans
Venda das primeiras 600 entradas
Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde Continúe lendo Venda das primeiras 600 entradas
“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans
O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters. Continúe lendo “A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans
León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans
O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic. Continúe lendo León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans
O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade
O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.
Continúe lendo O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade
Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”
Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.
Continúe lendo Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”
Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira
O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas.
Continúe lendo Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira
Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira
Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.
Continúe lendo Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira
Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans
Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival con 77 anos.
Continúe lendo Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans
Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans
O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Continúe lendo Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans