A xornada de mañá venres vén marcada pola emotiva celebración da Noite das Homenaxes que terá lugar no Torreiro ás 22h30. O actor Carlos Blanco colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’19 Continúe lendo A Noite das Homenaxes e Marlango, destacados do venres en Cans
Autor: Festival Cans
O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane
A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane
‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans
Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo ‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans
PALMARÉS DO IV CONCURSO ‘O OLLO DE VIDRO’
Esta tarde o xurado entregou no Baixo de Bugarín os premios da final do concurso ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans en colaboración coa canle de Youtube Recoméndoche un libro. Continúe lendo PALMARÉS DO IV CONCURSO ‘O OLLO DE VIDRO’
O Festival de Cans arrinca mañá cos veciños e veciñas como protagonistas
A 16ª edición do Festival de Cans comeza mañá centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglamour coas últimas novidades culturais e cinematográficas. Continúe lendo O Festival de Cans arrinca mañá cos veciños e veciñas como protagonistas
O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr
O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans
Mañá xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e para asistir a outras actividades e sesións paralelas de pago.
O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina
O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Continúe lendo O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina
Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países
DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países
Sección Oficial de Videoclips
1. Igloo – “G7”. Dirixe: Lara Isabel Gómez.
2. KADETTGSI – “Scalextric”. Dirixe: Emilio Horyaans.
3. Guadi Galego – “Desdibuxar”. Dirixe: Carlos Lago.
4. Músculo! – “What me left behind”. Dirixe: Rubén Domínguez.
5. Xoana – “Mártires”. Dirixe: Andreia Táboas.
6. Birds & Cables – “Older with you”. Dirixe: Soledad Rebollo.
7. GHZ feat Hugo Guezeta – “Veleno”. Dirixe: Adrián González.
8. La casa de los ingleses – “Nunca lo veremos”. Dirixen: José Aragunde e Ana
Seoane.
9. Silvia Penide – “El Salto”. Dirixe: Marcos Aboal.
10. Baiuca feat Aliboria – “Olvídame”. Dirixe: Adrián Canoura.
11. Contenedor de mierda – “Ponte de pijo”. Dirixe: Sara Iglesias.
12. Pantis – “Val”. Dirixe: Rubén Domínguez.
13. Blanco Palamera – “Sola con mi voz”. Dirixe: Adrián Canoura.
14. MounQup – “Totally Wired”. Dirixe: Camille Hedouin e Didier Jujax.
15. Basanta – “Gris”. Dirixe: Xaime Miranda.
16. Berta Franklin – “Somos incendio”. Dirixe: Rubén Domínguez.
17. MJ Pérez – “O fío do que pendo”. Dirixe: MJ Pérez.
18. Window Pane – “Vision”. Dirixe: Peque Varela.
19. Thee Blind Crows – “Loco Chamanes”. Dirixe Gero Costas.
Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presenta hoxe un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da señora Alicia, que pasará a chamarse Espazo Estrella Galicia Continúe lendo Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans
Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans
A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.
Filmes dende o guión no encontro A que andas?
Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual. Continúe lendo Filmes dende o guión no encontro A que andas?
Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans
O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego Continúe lendo Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans
O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans
O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. Continúe lendo O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans
O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine
O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.
O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine
O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países Continúe lendo O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París
Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019
Hoxe martes 9 de abril ás 10.00h poñeranse á venda na tenda online do festival (tenda.festivaldecans.com) os primeiros 450 packs de entrada máis camiseta, que inclúen como agasallo unha chapa exclusiva e o programa de man. Continúe lendo Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019
O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Continúe lendo O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans
O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019
A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”. Continúe lendo O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019
Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso
O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición. Continúe lendo Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso
Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019
Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais. Continúe lendo Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019
Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303
O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de formar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. Continúe lendo Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303
O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018
O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.
Continúe lendo O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018
O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN
O Festival de Cans traballa xa a tope na XVI edición do festival, que este ano terá lugar entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. Este martes, 8 de xaneiro, o festival abre a súa convocatoria a concurso para a recepción de curtametraxes Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN
O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”
O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto. Continúe lendo O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”
O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL
Como cada Nadal nos últimos anos, o Festival de Cans e a empresa Gadis achegaron ás veciñas e veciños de Cans, vinte cestas de Nadal para agradecerlles a moitas familias a estreita colaboración que manteñen co festival. Continúe lendo O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL
NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA
Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.
Continúe lendo NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA
OS GOYA PASAN POR CANS
O Festival de Cans quere dar os seus parabéns a todas as galegas e galegos nominados ós Premios Goya, a maioría moi ligados ás últimas edicións de Cans onde foron recoñecidos con múltiples premios.
O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR
O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR