Coa inauguración da rúa efémera Pilar Pereira comeza ás 10.30 horas de mañá mércores a primeira xornada da décimo oitava edición do Festival de Cans. Continúe lendo PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’
Autor: Festival Cans
A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL
Despois da boa acollida da retrospectiva Kleber Mendonça Filho a pasada fin de semana, continúan as actividades previas do Festival de Cans coa inauguración, ás 20 horas de mañá martes, da exposición ‘O sur de Galicia parece de Hopper’ (Cadernos de Cans). Continúe lendo A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL
A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO
Da XVIII edición do Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro, comeza a pendurar o cartaz de “Entradas Esgotadas”. Para a Gala Final, coa entrega de premios e máis o concerto de Ses, xa non quedan sitios dende hai días. Continúe lendo A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO
CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO
O Festival de Cans acada a súa maioría de idade coa súa edición máis internacional. Cineastas de Israel, Brasil, Portugal ou Colombia pasarán pola nova edición do certame, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. O Torreiro de Cans acolleu este mediodía a presentación da décimo oitava edición do evento. Continúe lendo CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO
CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE
O Festival de Cans acolle este ano a estrea de catro longametraxes. O filme ’9 Fugas’, de Fon Cortizo (Vigo, 1978) proxectarase por primeira vez en salas durante o certame o venres 3 de setembro. Continúe lendo CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE
KLEBER MENDONÇA FILHO, PREMIO DO XURADO EN CANNES, PROTAGONIZARÁ OS COLOQUIOS NA LEIRA
O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro.
O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS
A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas. Continúe lendo O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS
MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS
O rock de vangarda de Maika Makovski, ese abano de cancións escritas e convertidas en himnos por Ses nos últimos anos, e o pop sen complexos da banda galega Oh Ayatollah!, inzarán de música os días centrais’ do XVIII Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro. Continúe lendo MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS CONCEDERÁ OS CHIMPÍNS DE PRATA A TAMAR NOVAS E MARISOL GONZÁLEZ
A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, decidiu otorgar os seus chimpíns de prata honoríficos desta edición á veciña de Cans e acordeonista Marisol González e ó actor Tamar Novas. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS CONCEDERÁ OS CHIMPÍNS DE PRATA A TAMAR NOVAS E MARISOL GONZÁLEZ
O FESTIVAL DE CANS RECUPERA ALGÚNS DOS SEUS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS PERO SEGUIRÁ CO AFORO REDUCIDO
A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 do vindeiro mes de setembro, partirá do exitoso modelo que seguiu o pasado ano, e que permitiu a celebración do certame con total normalidade. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECUPERA ALGÚNS DOS SEUS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS PERO SEGUIRÁ CO AFORO REDUCIDO
A ESTREA DO DOCUMENTAL “DONDE ACABA LA MEMORIA” ABRIRÁ A XVIII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
A estrea do filme ‘Donde acaba la memoria’ servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.
JORGE COIRA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2021
A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). Continúe lendo JORGE COIRA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2021
O FESTIVAL DE CANS ACOLLERÁ O II CONCURSO “PINTAR O CINE”
O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso “Pintar o Cine” de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 2 de setembro.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ACOLLERÁ O II CONCURSO “PINTAR O CINE”
O FESTIVAL DE CANS IMPULSARÁ UN DOCUMENTAL QUE RECOLLE A MEMORIA DAS MULLERES ESTRAPERLISTAS DA ALDEA
O Festival de Cans, que celebrará a súa XVIII edición entre os días 1 e 4 de setembro, impulsará nesta edición a realización dun documental colectivo que recollerá a memoria das mulleres estraperlistas da aldea. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS IMPULSARÁ UN DOCUMENTAL QUE RECOLLE A MEMORIA DAS MULLERES ESTRAPERLISTAS DA ALDEA
OS JALPÓNS DO FESTIVAL DE CANS INSTÁLANSE DESDE ESTA SEMANA NO PABELLLÓN DE ESPAÑA DA BIENAL DE VENECIA
Desde esta mesma semana, varias maquetas dos xa célebres jalpóns do Festival de Cans, permanecen expostos na Bienal de Venecia de Arquitectura, onde estarán ata o vindeiro mes de novembro. Continúe lendo OS JALPÓNS DO FESTIVAL DE CANS INSTÁLANSE DESDE ESTA SEMANA NO PABELLLÓN DE ESPAÑA DA BIENAL DE VENECIA
O FESTIVAL DE CANS REBASA AS 200 OBRAS INSCRITAS PARA PARTICIPAR NA XVIII EDICIÓN
O FESTIVAL DE CANS SELECCIONADO ENTRE OS CATRO MELLORES EVENTOS CULTURAIS DE GALICIA NO ANO 2020
O Festival de Cans ven de ser seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, según o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das fundacións culturais de maior prestixio de España.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS SELECCIONADO ENTRE OS CATRO MELLORES EVENTOS CULTURAIS DE GALICIA NO ANO 2020
O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA, CUNHA NOVA SECCIÓN A CONCURSO E CON CASE 10.000 EUROS EN PREMIOS
O Festival de Cans abre este xoves 11 de febreiro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVIII edición que, como se anunciou hai uns días, volverá ter lugar nesta coñecida aldea de O Porriño do 1 ao 4 de setembro.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA, CUNHA NOVA SECCIÓN A CONCURSO E CON CASE 10.000 EUROS EN PREMIOS
O FESTIVAL DE CANS TRASLADARASE EN 2021 Á PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO
A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS TRASLADARASE EN 2021 Á PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO
OS PREMIOS GOYA ELIXEN COMO FINALISTAS A TRES DOS DIRECTORES QUE PASARON POLO FESTIVAL DE CANS
A Academia do Cine Español deu a coñecer os nomes dos finalistas dos Premios Goya 2021, entre cuxos nomes figuran tres directores que pasaron polo Festival de Cans, volvendo a ratificar a calidade da programación do certame e reafirmando a súa sona de `festival talismán´ entre as realizadoras e realizadores. Continúe lendo OS PREMIOS GOYA ELIXEN COMO FINALISTAS A TRES DOS DIRECTORES QUE PASARON POLO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS REPARTE CESTAS DE NADAL ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS
O Festival de Cans continuou neste 2020 coa tradicional entrega das cestas de Nadal de Gadis, a todas as veciñas e veciños de aldea que colaboran co festival.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS REPARTE CESTAS DE NADAL ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA A 15 NENAS E NENOS DA ALDEA VALES PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR
- Este ano, por mor da pandemia da Covid-19, o festival antepuxo a seguridade evitando que os nenos e nenas colaborasen no certame, pero mantendo igualmente estes vales que son de gran axuda para as familias.
CANS 2020 XEROU 108 CONTRATACIÓNS E TRABALLOU CON CERCA DE 30 EMPRESAS DE SERVIZOS LOCAIS
- Preto de 2.500 persoas pasaron polo certame nas actividades durante os catro días de Festival.
- O evento axudou a reactivar a hostelería local de proximidade e utilizou máis de 100 habitacións en diversos establecimientos hoteleiros.
“TODO EL MUNDO SE PARECE DE LEJOS” DE RAFA DE LOS ARCOS GAÑA O PREMIO DOS CINECLUBES QUE CONCEDE CANS
- Cerca de 500 persoas acudiron ás proxecións de Cans Expandido, a novedosa alternativa que impulsou o festival para visibilizar as curtas nos cines de toda Galicia.
- A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) e o Festival de Cans acordaron premiar ó gañador coa recadación das proxecións, que ascendeu a 1.200 euros.
El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOMETRAJES DE SU SECCIÓN OFICIAL
El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOS DE SU SECCIÓN OFICIAL
-
- El público podrá acceder a los filmes a partir de este jueves a las 18,00 hs, durante todo el fin de semana, abonando un precio de 2 euros por cada uno de los tres bloques de cortos, y accediendo a través de la web www.festivaldecans.gal.
- Todo el dinero recaudado a través de estas proyecciones será repartido entre los cortometrajes participantes.
O FESTIVAL DE CANS ABRE POR VEZ PRIMEIRA UNHA VERSIÓN ON LINE CON TODAS AS CURTAS DA SECCIÓN OFICIAL
- O público poderá acceder ás curtas a partir deste xoves ás 18,00 hs, durante toda a fin de semana, abonando un prezo de 2 euros por cada un dos tres bloques de curtas, e accedendo a través da web www.festivaldecans.gal.
- Todo o diñeiro recadado a través destas proxeccións será repartido entre as curtametraxes participantes.
CANS PROMOVE A DIFUSIÓN DAS CURTAS PREMIADAS: DAS SALAS E O AUTOCINE Á PROXECCIÓN EN INTERNET
- As proxeccións en autocine chegan ao Porriño este sábado, 12 de setembro, ás 21 horas no autocine da explanada do Velódromo Municipal.
- Dende o xoves 17 de setembro, as películas da sección oficial do Festival poderán verse na web do certame baixo demanda e pago por visión.
A EDICIÓN EXPANDIDA DO FESTIVAL DE CANS CHEGA ESTA SEMANA A NOVE CINES DE TODA GALICIA
- As proxecións chegarán ás catro provincias galegas e poderán verse todos os filmes que participaron na sección oficial de ficción e animación do certame.
- É a primeira vez que un festival realiza unha edición expandida en cines con todas as curtas a competición.
“XOVES DE COMADRES”, DE NOEMÍ CHANTADA, CURTAMETRAXE TRUNFADORA NO XVII FESTIVAL DE CANS
- A cinta da realizadora viguesa fíxose con 4 dos premios principais: Mellor Curtametraxe, Mellor Guión, Premio do Público e o do Xurado dos Veciños e Veciñas.
AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON OLIVER LAXE, NO GRAN DÍA DO FESTIVAL DE CANS
- O certame conclúe este sábado, co concerto de Hendrik Rover y Los Míticos GTS e a entrega de premios.
- Os aforos para todas as actividades están completos desde hai días e a organización pide ó público que evite acudir a Cans se non ten entrada.
Continúe lendo AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON OLIVER LAXE, NO GRAN DÍA DO FESTIVAL DE CANS