O Festival de Cans, que este ano celebra entre o 18 e o 21 de maio a súa XIX edición, pechou nestes días o prazo de inscrición das curtametraxes a concurso achegándose ás 200 obras inscritas. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ACHÉGASE ÁS 200 CURTAS PRESENTADAS A CONCURSO NA XIX EDICIÓN
Autor: Festival Cans
O FESTIVAL DE CANS RETOMA O PROXECTO CANS 303 CENTRADO NESTA XIX EDICIÓN NAS MULLERES FEIRANTAS DA ALDEA
ARRANCA O III CONCURSO “PINTAR O CINE”
O Festival de Cans abre o prazo para todas aquelas persoas que queiran participar no seu concurso de pintura rápida “Pintar o Cine”, organizado pola organización do certame, en colaboración coa empresa GALPI (Galicia de Pinturas).
O FESTIVAL DE CANS CALIFICADO ENTRE OS CATRO MELLORES PROXECTOS CULTURAIS DE GALICIA
O Festival de Cans, cuxa XIX edición terá lugar entre o 18 e o 21 de maio, volve estar por quinto ano consecutivo entre os mellores proxectos culturais de Galicia en 2021. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS CALIFICADO ENTRE OS CATRO MELLORES PROXECTOS CULTURAIS DE GALICIA
O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA ENVÍO DE OBRAS E REBASARÁ POR VEZ PRIMEIRA OS 10.000 EUROS EN PREMIOS
A XIX edición do Festival de Cans, que este ano regresa á primavera, e terá lugar entre o 18 e o 21 de maio de 2022, xa ten aberto o prazo de inscrición para concursar no certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA ENVÍO DE OBRAS E REBASARÁ POR VEZ PRIMEIRA OS 10.000 EUROS EN PREMIOS
O FESTIVAL DE CANS REGRESARÁ EN 2022 Ó MES DE MAIO PARA CELEBRAR A XIX EDICIÓN
A XIX edición do Festival de Cans regresará en 2022 ás súas datas habituais de primavera, e terá lugar entre o mércores 18 e o sábado 21 de maio, volvendo a coincidir en datas co Festival de Cannes francés, como xa é tradición.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS REGRESARÁ EN 2022 Ó MES DE MAIO PARA CELEBRAR A XIX EDICIÓN
O Festival de Cans colabora coa Asociación Cultural no I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea
O Festival de Cans prestará este ano o seu apoio a nivel patrocinio e apoio loxístico á nova Asociación Cultural da Aldea, para a realización do I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea. Continúe lendo O Festival de Cans colabora coa Asociación Cultural no I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA UN CHIMPÍN DE CESTAS DE NADAL PARA AGRADECER A COLABORACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS
O Festival de Cans quixo agradecer nestas datas de Nadal a colaboración de todas as veciñas e veciños da aldea, repartindo entre todos eles un chimpín cargado con 25 cestas navideñas, conducido polo chimpineiro Constante Romero.
O PROXECTO “CINEMALDEA” LEVA ESTA FIN DE SEMANA O CINEMA A MOSTEIRO-BUDIÑO E A CANS
O proxecto “Cinemaldea”, impulsado polo Festival de Cans e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño para achegar o cinema ás zonas rurais, segue esta fin de semana o seu percorrido. Continúe lendo O PROXECTO “CINEMALDEA” LEVA ESTA FIN DE SEMANA O CINEMA A MOSTEIRO-BUDIÑO E A CANS
O FESTIVAL DE CANS E O CONCELLO DE O PORRIÑO POÑEN EN MARCHA “CINEMALDEA”, CO OBXECTIVO DE ACHEGAR O CINEMA Ó RURAL
O Festival de Cans e a Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño, botarán a andar desde esta fin de semana o proxecto “Cinemaldea”, coa intención de achegar o cinema a todas ás parroquias do Concello. A primeira idea será difundir nestas áreas rurais unha selección das curtametraxes premiadas na última edición do certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E O CONCELLO DE O PORRIÑO POÑEN EN MARCHA “CINEMALDEA”, CO OBXECTIVO DE ACHEGAR O CINEMA Ó RURAL
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA VALES DE MATERIAL ESCOLAR
O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para 15 nenas e nenos da aldea que habitualmente colaboran co festival, ou ben que viven en casas que as súas familias ceden para levar a cabo o certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ENTREGA VALES DE MATERIAL ESCOLAR
AS CURTAS PREMIADAS NA ÚLTIMA EDICION DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN DESFRUTARSE ESTE SÁBADO NUN AUTOCINE
As curtametraxes premiadas polo xurado e polo público na XVIII edición do Festival de Cans exhibiranse este sábado nun autocine. Por segundo ano consecutivo, repítese este orixinal formato ante a gran expectación que suscitou en 2020. O Festival tenta así, ademais, suplir as restriccións de aforo nos jalpóns de Cans debidas á normativa Covid vixente. Continúe lendo AS CURTAS PREMIADAS NA ÚLTIMA EDICION DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN DESFRUTARSE ESTE SÁBADO NUN AUTOCINE
O FESTIVAL XEROU 121 CONTRATACIÓNS LABORAIS E CONTRATOU SERVIZOS CON CASE 40 EMPRESAS LOCAIS
A celebración do XVIII edición do Festival de Cans, deixou datos que a organización valora como “moi positivos e esperanzadores”, no complexo contexto da pandemia. Nesta edición de 2021, o certame dobrou o número de espectadores, ata chegar ás 5.000 persoas que pasaron presencialmente polas diversas actividades do festival nos seus catro días de duración. Continúe lendo O FESTIVAL XEROU 121 CONTRATACIÓNS LABORAIS E CONTRATOU SERVIZOS CON CASE 40 EMPRESAS LOCAIS
O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA POR SEGUNDA VEZ “CANS ONLINE”
FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”
Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA POR SEGUNDA VEZ “CANS ONLINE”
ARRANCA “CANS ON LINE”: AS CURTAS DE FICCIÓN E ANIMACIÓN, DISPOÑIBLES EN VIMEO SÓ ESTA FIN DE SEMANA
Só durante esta fin de semana, as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans poderán verse a través de internet. Continúe lendo ARRANCA “CANS ON LINE”: AS CURTAS DE FICCIÓN E ANIMACIÓN, DISPOÑIBLES EN VIMEO SÓ ESTA FIN DE SEMANA
NOELIA MUÍÑO, CON ‘MONTE BRAVO’ E ALBERTO VÁZQUEZ CON ‘HOMELESS HOME’ VOLVEN A TRUNFAR EN CANS
Noelia Muíño e Alberto Vázquez, con senllos premios cada un para as súas respectivas curtas, volven trunfar en Cans. ‘Monte Bravo’, de Muìño, fÍxose cos premios á Mellor Película e á Mellor Dirección. O Festival entregou esta noite, na súa gala final, os galardóns correspondentes á 18ª edición (coa colaboración de AGADIC). Continúe lendo NOELIA MUÍÑO, CON ‘MONTE BRAVO’ E ALBERTO VÁZQUEZ CON ‘HOMELESS HOME’ VOLVEN A TRUNFAR EN CANS
AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON KLEBER MENDONÇA FILHO, MAÑÁ NO DÍA GRANDE DE CANS
Este sábado chega o día grande do Festival de Cans coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns-. Un dos grandes momentos o día será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director brasileiro Kleber Mendonça Filho Continúe lendo AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON KLEBER MENDONÇA FILHO, MAÑÁ NO DÍA GRANDE DE CANS
MAÑÁ VENRES: PREMIO A JORGE COIRA; ACTIVIDADES CON IAN GIBSON, MENDONÇA FILHO, PROXECCIÓNS, MÚSICA…
O Festival de Cans entrega mañá venres os seus premios de honra. O director Jorge Coira, a veciña de Cans e acordeonista Marisol González, e o actor Tamar Novas, subirán na noite de mañá -21.30 h.- ao escenario do Espazo Estrella Galicia da Leira do Río para recoller os galardóns. Continúe lendo MAÑÁ VENRES: PREMIO A JORGE COIRA; ACTIVIDADES CON IAN GIBSON, MENDONÇA FILHO, PROXECCIÓNS, MÚSICA…
O HISTORIADOR IAN GIBSON E XOSÉ MANUEL BEIRAS PROTAGONIZAN MAÑÁ A SEGUNDA XORNADA DO FESTIVAL DE CANS
Dous filmes documentais que se proxectan por primeira vez ao público. As presentacións de libros que estudan ou contan o cinema na sección LendoCine. A Noite Lasal dos Videoclips e o concerto da banda Moon Cresta. Coloquios e mesas redondas con estudosos e profesionais do sector audiovisual. Continúe lendo O HISTORIADOR IAN GIBSON E XOSÉ MANUEL BEIRAS PROTAGONIZAN MAÑÁ A SEGUNDA XORNADA DO FESTIVAL DE CANS
PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’
Coa inauguración da rúa efémera Pilar Pereira comeza ás 10.30 horas de mañá mércores a primeira xornada da décimo oitava edición do Festival de Cans. Continúe lendo PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’
A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL
Despois da boa acollida da retrospectiva Kleber Mendonça Filho a pasada fin de semana, continúan as actividades previas do Festival de Cans coa inauguración, ás 20 horas de mañá martes, da exposición ‘O sur de Galicia parece de Hopper’ (Cadernos de Cans). Continúe lendo A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL
A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO
Da XVIII edición do Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro, comeza a pendurar o cartaz de “Entradas Esgotadas”. Para a Gala Final, coa entrega de premios e máis o concerto de Ses, xa non quedan sitios dende hai días. Continúe lendo A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO
CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO
O Festival de Cans acada a súa maioría de idade coa súa edición máis internacional. Cineastas de Israel, Brasil, Portugal ou Colombia pasarán pola nova edición do certame, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. O Torreiro de Cans acolleu este mediodía a presentación da décimo oitava edición do evento. Continúe lendo CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO
CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE
O Festival de Cans acolle este ano a estrea de catro longametraxes. O filme ’9 Fugas’, de Fon Cortizo (Vigo, 1978) proxectarase por primeira vez en salas durante o certame o venres 3 de setembro. Continúe lendo CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE
KLEBER MENDONÇA FILHO, PREMIO DO XURADO EN CANNES, PROTAGONIZARÁ OS COLOQUIOS NA LEIRA
O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro.
O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS
A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas. Continúe lendo O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS
MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS
O rock de vangarda de Maika Makovski, ese abano de cancións escritas e convertidas en himnos por Ses nos últimos anos, e o pop sen complexos da banda galega Oh Ayatollah!, inzarán de música os días centrais’ do XVIII Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro. Continúe lendo MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS CONCEDERÁ OS CHIMPÍNS DE PRATA A TAMAR NOVAS E MARISOL GONZÁLEZ
A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, decidiu otorgar os seus chimpíns de prata honoríficos desta edición á veciña de Cans e acordeonista Marisol González e ó actor Tamar Novas. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS CONCEDERÁ OS CHIMPÍNS DE PRATA A TAMAR NOVAS E MARISOL GONZÁLEZ
O FESTIVAL DE CANS RECUPERA ALGÚNS DOS SEUS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS PERO SEGUIRÁ CO AFORO REDUCIDO
A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 do vindeiro mes de setembro, partirá do exitoso modelo que seguiu o pasado ano, e que permitiu a celebración do certame con total normalidade. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECUPERA ALGÚNS DOS SEUS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS PERO SEGUIRÁ CO AFORO REDUCIDO
A ESTREA DO DOCUMENTAL “DONDE ACABA LA MEMORIA” ABRIRÁ A XVIII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
A estrea do filme ‘Donde acaba la memoria’ servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.