O FESTIVAL DE CANS ABRE A CONVOCATORIA PARA O ENVÍO DE OBRAS

O Festival de Cans, que este ano chega á cifra especial de vinte edicións, abre desde este martes a convocatoria para que todas aquelas autoras e autores que o desexen envíen as súas obras a concurso para participar no certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ABRE A CONVOCATORIA PARA O ENVÍO DE OBRAS

O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023

O Festival de Cans xa ten datas para a celebración da súa vixésima edición, que será do martes 16 ao sábado 20 de maio de 2023. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023

O FESTIVAL DE CANS DESPIDE ESTA FIN DE SEMANA O CICLO CINEMALDEA CON PROXECIÓNS EN ATIOS E BUDIÑO

O Festival de Cans despedirá esta fin de semana o ciclo Cinemaldea, que ó longo de todo o mes de novembro levou con moito éxito o cinema en forma de curtametraxes ás zonas rurais do Concello do Porriño. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS DESPIDE ESTA FIN DE SEMANA O CICLO CINEMALDEA CON PROXECIÓNS EN ATIOS E BUDIÑO

CINEMALDEA REGRESA EN NOVEMBRO PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL

O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición. Continúe lendo CINEMALDEA REGRESA EN NOVEMBRO PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL

UNHA SELECCIÓN DE CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXECTARANSE ESTE VENRES EN LISBOA

Unha selección das curtas premiadas no Festival de Cans proxectaranse este venres 21 de outubro en Lisboa, organizado por Xuventude de Galicia, no Centro Galego de Lisboa. Continúe lendo UNHA SELECCIÓN DE CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXECTARANSE ESTE VENRES EN LISBOA

O FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE VENRES EN CAMINHA UN PERIPLO INTERNACIONAL QUE O LEVARÁ POR VARIAS CIDADES EUROPEAS

O Festival de Cans comezará este venres 2 de Setembro en Caminha (Portugal), un periplo de proxecións internacionais que o levará por varias cidades europeas, ó longo dos vindeiros meses. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE VENRES EN CAMINHA UN PERIPLO INTERNACIONAL QUE O LEVARÁ POR VARIAS CIDADES EUROPEAS

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA “CANS ONLINE”

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”

Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 11 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.

Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA “CANS ONLINE”

AS CURTAS FINALISTAS DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN VERSE SÓ ESTA FIN DE SEMANA NA VERSIÓN ON LINE DO CERTAME

O Festival de Cans poñerá en marcha deste este xoves ata o domingo “Cans On Line”, a versión en liña do certame, que se celebra por terceiro ano consecutivo. Continúe lendo AS CURTAS FINALISTAS DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN VERSE SÓ ESTA FIN DE SEMANA NA VERSIÓN ON LINE DO CERTAME

O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO 

A última edición do Festival de Cans supuxo un grande éxito de público, con máis de 10.000 visitantes nos catro días de duración, pero tamén deixou bos datos nas cifras de impacto socioeconómico do evento. Continúe lendo O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO 

O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN

O Festival de Cans ofrece este sábado unha nova cita co audiovisual galego coa proxección das curtas gañadoras da súa XIX edición. Será nunha sesión especial, no Centro Cultural do Porriño, na que se poderán ver as curtas que o pasado sábado conquistaron o ansiado can de pedra. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN

O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA

O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou por Cans o sábado, día grande do festival, no que hubo un grande ambiente e un comportamento exemplar por parte do público. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA

“ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans baixou o pano este sábado coa Gala Final de Entrega dos Premios da súa XIX edición (coa colaboración de AGADIC). Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe. Continúe lendo “ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS

DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans chega este sábado ao seu día grande coa entrega dos premios da XIX edición. A última xornada do certame inclúe os encontros cos curtametraxistas e a proxección das 32 obras a concurso das seccións de Ficción e Animación, que este ano compiten na mesma categoría, e mailas de Furacáns de non ficción. Continúe lendo DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS

MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans chega ao venres cunha programación repleta de actividades, estrelas e moito agroglamour. A protagonista desta cuarta xornada será a cineasta Margarita Ledo, que estará en Cans para manter un coloquio e colocar a súa estrela no paseo da fama do Torreiro. Continúe lendo MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS

A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans arranca os chimpíns este xoves, coa apertura oficial da XIX edición do certame. Por primeira vez, este ano o título escollido para dar o disparo de saída é unha serie, Rapa, a nova creación do equipo da exitosa Hierro, con Jorge Coira e Elena Trapé na dirección. Continúe lendo A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS

MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS

O XIX Festival de Cans vai poñendo a punto os motores dos chimpíns este mércores, coa veciñanza de Cans como protagonista. A xente da aldea, colaboradora e partícipe, é o eixe central deste día, no que se agradece a súa inestimable contribución ao festival. Continúe lendo MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS

“MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans suma este ano unha xornada de programación, coincidindo co Día das Letras, e comeza este 17 de maio a súa semana grande. Continúe lendo “MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, quenta motores co inicio, este xoves 12, das proxeccións da retrospectiva internacional que este ano protagoniza o realizador lisboeta João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués. Continúe lendo A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU

Retrospectiva de longametraxes de Joao Nicolau

RETROSPECTIVA DE LONGAMETRAXES DE JOAO NICOLAU

 

Retrospectiva de longametraxes de Joao Nicolau
Xoves 12 de maio | 20 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
A espada e a rosa | 2010 | 142 min | Portugal | Portugués | Subtítulos en español
Coa presenza do director que se dirixirá ao público vía streaming.
Venres 13 de maio | 21 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
John From | 2015 | 100 min. | Portugal | Portugués | Subtítulos en español
Sábado 14 de maio | 12 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
Technoboss | 2019 | 113 min. | Portugal  | Portugués | Subtítulos en español

O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, e suma unha xornada de introdución previa no Día das Letras, volve á primavera, coas súas datas tradicionais, cos desfiles de chimpíns e cos concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans. Continúe lendo O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O FESTIVAL DE CANS RECUPERA OS CONCERTOS GRATUÍTOS E AVANZA ACTUACIÓNS DE DAKIDARRÍA, LOS VINAGRES, CALDO OU JUAN ZELADA

O Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio, vén de avanzar novas confirmacións musicais para esta XIX edición, na que Dakidarría será un dos pratos fortes. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECUPERA OS CONCERTOS GRATUÍTOS E AVANZA ACTUACIÓNS DE DAKIDARRÍA, LOS VINAGRES, CALDO OU JUAN ZELADA

LOIS PATIÑO, ELOY DOMÍNGUEZ, ÁNGEL SANTOS, GUILLERMO DE OLIVEIRA OU LUCÍA ESTÉVEZ COMPETIRÁN NO FESTIVAL DE CANS

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas de ficción a concurso na sección oficial do certame. Continúe lendo LOIS PATIÑO, ELOY DOMÍNGUEZ, ÁNGEL SANTOS, GUILLERMO DE OLIVEIRA OU LUCÍA ESTÉVEZ COMPETIRÁN NO FESTIVAL DE CANS

O FESTIVAL DE CANS SELECCIONA 12 CURTAS NA CATEGORÍA FURACÁNS, 10 DELAS DIRIXIDAS POR MULLERES E 8 ESTREAS

Dedicada ás obras de non ficción que asumen maior risco narrativo, este apartado competitivo foi medrando nos últimos anos ata sumar nesta edición unha ducia de curtas, entre as que haberá oito estreas, seis delas estreas absolutas e outras dúas estreas en Galicia. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS SELECCIONA 12 CURTAS NA CATEGORÍA FURACÁNS, 10 DELAS DIRIXIDAS POR MULLERES E 8 ESTREAS

O FESTIVAL DE CANS, SEGUNDO PREMIO RODOLFO PRADA Á XESTIÓN CULTURAL

O Festival de Cans vén de recibir un novo galardón pola súa traxectoria e iniciativas culturais. Trátase do segundo premio Rodolfo Prada á xestión cultural que organiza a Deputación de Ourense e que vai pola súa quinta edición. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS, SEGUNDO PREMIO RODOLFO PRADA Á XESTIÓN CULTURAL

O FESTIVAL DE CANS ESTREARÁ EN GALICIA OS DOCUMENTAIS SOBRE EME DJ E O CANTANTE LITUS

O XIX Festival de Cans que terá lugar do 18 ao 21 de maio, estreará en Galicia dous documentais: Miedo al miedo, dirixido por Menchu Esteban, sobre a coñecida disc jockey galega Eme DJ, e La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ESTREARÁ EN GALICIA OS DOCUMENTAIS SOBRE EME DJ E O CANTANTE LITUS

O Festival de Cans realizará un foco internacional de João Nicolau, un dos cineastas máis brillantes no novo cine portugués

A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento. Continúe lendo O Festival de Cans realizará un foco internacional de João Nicolau, un dos cineastas máis brillantes no novo cine portugués

Á venda 200 packs ao prezo máis reducido da historia do festival

Desde hoxe están á venda as primeiras entradas para a edición número 19 do Festival de Cans co prezo máis reducido de toda a historia do certame. Son 200 en total a 15 euros o pack que inclúe entrada, camisola oficial do certame, catálogo e chapa de edición limitada. Continúe lendo Á venda 200 packs ao prezo máis reducido da historia do festival

Rei Zentolo asina o cartel da volta á primavera do 19 Festival de Cans

O Festival de Cans presentou esta mañá a imaxe gráfica, o cartel e as camisetas do XIX Festival de Cans, no Riquela Club en Santiago de Compostela. O seu deseño correu a cargo de Rei Zentolo, a emblemática marca galega que este ano regresa ao festival. Continúe lendo Rei Zentolo asina o cartel da volta á primavera do 19 Festival de Cans

MARGARITA LEDO ANDIÓN RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2022

A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra, o Premio Pedigree, á cineasta, escritora e investigadora Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951), unha das autoras cun traballo máis transversal no cinema galego Continúe lendo MARGARITA LEDO ANDIÓN RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2022

FEDERICO PÉREZ, JAVIER TOLENTINO E MARISOL TRONCOSO E ALFONSO GONZÁLEZ, CHIMPÍNS DE PRATA 2022

Pola súa aportación na celebración do festival e pola promoción e difusión do mesmo, a asemblea da Asociación Cultural Arela responsable da organización, decidiu outorgar os chimpíns de prata honoríficos desta edición ao actor Federico Pérez, o xornalista Javier Tolentino e os veciños de Cans Marisol Troncoso e Alfonso González, propietarios do baixo de Alfonso. Continúe lendo FEDERICO PÉREZ, JAVIER TOLENTINO E MARISOL TRONCOSO E ALFONSO GONZÁLEZ, CHIMPÍNS DE PRATA 2022