Volvemos abrir convocatoria para a que é xa a nosa cita anual coa arte e cos creadores e creadoras máis novos: a Can Parade. A través desta iniciativa queremos convidar a artistas, deseñadores, creadores ou colectivos de calquera disciplina Continúe lendo Can Parade 2016
Autor: Festival Cans
Emma Lustres, Pedigree 2016
A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Continúe lendo Emma Lustres, Pedigree 2016
Chimpíns de Prata 2016
A organización do Festival de Cans decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid” Continúe lendo Chimpíns de Prata 2016
Batemos o noso récord de curtas inscritas!
O venres pechamos a convocatoria para as seccións a concurso desta edición. Logo da revisión e clasificación de todo o material recibido xa podemos confirmar que batemos o noso récord de curtas inscritas. En total recibimos 215 producións, o que supón un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, que nos chegaran 184 traballos. Continúe lendo Batemos o noso récord de curtas inscritas!
Decálogo para a visibilidade das mulleres
Dende o Festival de Cans queremos impulsar un decálogo de medidas para promover a visibilidade das mulleres, particularmente as mulleres creadoras, dentro de todas as nosas seccións e homenaxes. Continúe lendo Decálogo para a visibilidade das mulleres
Apadriña un jalpón!
Unha vez máis dende o Festival de Cans queremos facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao financiamento do certame, ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración, entre elas, o apadriñamento dun jalpón. Continúe lendo Apadriña un jalpón!
Escena 1, toma 2, acción!
Un ano máis volvemos estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual. Alentamos a un grupo de dez persoas entre os 12 e os 60 anos a desenvolver un proxecto que ten como obxectivo recuperar a memoria cotiá da parroquia. Continúe lendo Escena 1, toma 2, acción!
Janet Novás e Mercedes Peón estrearán o Jaliñeiro Arena
No Festival de Cans non deixamos de renovarnos edición tras edición, así que este ano imos darlle unhas voltas aos nosos espazos máis emblemáticos. Xa podemos adiantarvos unha novidade. Na zona do Jaliñeiro e a Sala Multiusos inauguraremos un novo espazo: o Jaliñeiro Arena. Continúe lendo Janet Novás e Mercedes Peón estrearán o Jaliñeiro Arena
Abrimos o Prazo de Inscrición
O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores que farán o cine do futuro. Ata o 4 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIII edición que se celebrará do 18 ó 21 de maio de 2016. Admítense curtas de ficción, de non-ficción, de animación e de todo o que consideredes que son pezas curtas que precisen dun público que as desfrute, como os videoclips por exemplo.
E ademáis este ano chegaremos ata os 6.400 euros en metálico en premios, que para iso facemos o festival, para intentar axudarvos e que sigades facendo cine no futuro. Nesta edición, desde a organización tamén nos esforzamos en aumentar as dotacións de moitos dos premios, principalmente o Premio do Xurado, que levará nesta edición 2.000 euros acompañado do noso célebre Can de Pedra.
¿A que estás esperando? Consulta aquí as bases e inscribe os teus traballos.
¡Estreamos web!
Comezamos unha etapa apaixonante, tras moito traballo pechamos o círculo e inauguramos a nova web corporativa do Festival de Cans. Este portal é a finalización dun proceso que empezou coa construcción da nosa tenda online. Continúe lendo ¡Estreamos web!
Querer a Cans
Nunha ocasión, un recoñecido publicista comentou que a esencia do impacto da marca no público está en dicir as cousas de xeito que ninguén as dixo nunca. O Festival de Cans é xustamente iso: orixinalidade, autenticidade e impacto. Continúe lendo Querer a Cans
Cans, viveiro de cineastas
Sabías que moitos dos nominados aos Goya deste ano gañaron antes en Cans? Dani de la Torre, que gañou en dúas ocasións Cans, é un dos cineastas revelación co seu filme “El desconocido” e terá oito nominacións nos maiores premios do cine español. Continúe lendo Cans, viveiro de cineastas