AUDIOVISUAL E MÚSICA (INVERNADOIRO)

O Jalpón de Mucha e Juan e o Invernadoiro onde un día cultivaron caraveis son xa espazos icónicos do festival que lle dan outra dimensión a música e as imaxes.

musica-festival-de-cans-2024-lontreira
RETROSPECTIVA VIDEOCLIPS LONTREIRA
Venres 24 | 18.00h | Jalpón de Juan e Mucha do PesoAproveitando a actuación en Cans de Lontreira, o Festival propón un achegamento ao traballo audiovisual para poñer o foco nunha obra marcada polas cores saturadas, o mundo rural, a paisaxe natural co mar de Arousa moi presente, coidadas escenografías e poses moitas veces voluntariamente hieráticas. Unha escolma que vai das primeiras colaboracións de Héctor Rodríguez ROTCE con Adri Coyote (Adriana Cores), e que nos introducirá nos seus clips e nas suas músicas, con elementos do electrofolk, o neotechno e a psicodelia.

ROTCE, “Hidro Disco” (2023, 2’20’’).
ROTCE, ADRI COYOTE, DINOSOR, “Phantom of the Operave” (2022, 2’01’’).
ADRI COYOTE, “La Lágrima” (2022, 2’25’’).
LONTREIRA, “Corazón de Toxo” (feat. La Quinkillada) (2022, 2’30’’).
LONTREIRA, “A Fonte” (2022, 3’06’’).
LONTREIRA, “Lentes de lúa” (2023, 3’10’’).
LONTREIRA, “Campo da Festa” (2023, 2’25’’).

festival-de-cans-2024-patios-de-luz
Proxección + Concerto: SU GARRIDO
Sábado 25 | 17.00h | Jalpón e invernadoiro de Juan e Mucha do PesoO proxecto ‘Patios de luz’ nace a finais do 2021 da man de Su Garrido Pombo (Música) e Fran Rodríguez Casal (Audiovisual). Xuntos comezan unha xira de concertos acústicos en patios de luces e espacios comunitarios, con temas que falan do íntimo, do cotiá, do femenino, das veciñas, ao son da guitarra e os pedais de efectos da artista. Cancións que recolle nun álbum homónimo, publicado en 2023 e gañador do Premio Martín Códax da música na categoría Canción de autora.

PATIOS DE LUZ
Presentado polo director Fran Rodríguez e a cantante Su Garrido Pombo.

2024 | 14’ | España | Galego | Estrea absoluta
Dirección, fotografía e montaxe: Fran Rodríguez Casal Produción: Marco Maril Guión: Su Garrido Pombo Música: Álbum Patios de luz Vai de: Patios de luz é unha viaxe, un diario de vida, sobre a emigración rural ás cidades usando as miñas avoas como exemplo. O camiño que vai dende a aldea ó barrio dunha cidade é o punto de partida, dende os eirados ata os patios de luces. Narrado cunha linguaxe poética que se fixa nos matices, nos cambios visuais e sonoros, na luz, buscando imaxes íntimas e espontáneas como a vida, os patios de luces convértense en anfiteatros comunitarios para aquelas que non volveron.