ALUMBRAMIENTO (FILME DE APERTURA)

Xoves 23 | 20.00h | Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Coa presenza de María Vázquez, Sofía Milán e Pau Teixidor

festival-de-cans-2024-longametraxes-alumbramiento

2024 | Drama, Ficción | 101’ | España | Español | Pre-Estrea

Dirección: Pau Teixidor Produción: Aquí y Allí films, Minoría Absoluta Guión: Lorena Iglesias e Pau Teixidor Dirección de fotografía: Pepe Gay de Liébana Música: Petre Bog Montaxe: Mamen Díaz y Pedro Collantes Reparto: María Vázquez, Sofía Milán, Manuel Zarzo, Laura Gómez-Lacueva, Carmen Escudero, Malena Gutiérrez Vai de: España, 1982. Marisa (María Vázquez) decide levar á súa filla a Madrid co fin de dar solución a un embarazo non desexado. Lucía (Sofía Milán) termina ingresando en Peñagrande, un reformatorio para adolescentes embarazadas. Alí forxará unha forte amizade coas súas compañeiras e descubrirá que se lle quere arrebatar aquilo que aínda non ten: o seu propio fillo.

O detalle: Acaba de ser premiada como Mellor dirección no Barcelona Film Festival (BCN Festival), onde as grandes interpretación das actrices levaron a que o elenco recibira de xeito colectivo o Premio á Mellor Interpretación Feminina.

ENCONTRO CO PÚBLICO
Ó rematar a proxección, haberá unha charla co director Pau Teixidor, e María Vázquez e Sofía Milán, actrices.