O Festival de Cans proxecta mañá as obras gañadoras desta XIV edición

02/06/2017

Mañá, sábado 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XIV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

13.000 persoas visitan o Festival de Cans na súa edición máis exitosa

30/05/2017

Durante os seus catro días de duración, o Festival potenciou os coloquios e encontros e reforzou a programación adicada ao público infantil. Por primeira vez, descentralizouse a programación, espallando aos asistentes polas diversas actividades que deron comezo xa dende o mércores 24.

Palmarés de #Cans2017

27/05/2017

O xurado da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Alfonso Zarauza, Sonia Castelo, Luisa Romeo, César Goldi, Diana Toucedo, José Antonio Quirós e Mara Torres, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios

Cans prepárase para o seu día grande

Comeza o sábado, día grande do Festival de Cans e arrincamos cargados de programación mjsical, audiovisual, roteiros, estreas, estrelas, encontros, pintura, actividades infantís… un día espectacular!

Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas

26/05/2017

O venres 26 de maio, tivo como protagonistas aos creadores e creadoras nas primeiras horas da xornada no Café con CREA, protagonizado polo director Guillermo García e membros da asociación, e nas nosas seccións “A que andas?” e “Fill@s de Cans”.

Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival

O Festival de Cans inaugurou a súa segunda xornada de Festival recibindo a centos de escolares na súa sección “Cans do futuro”. Os rapaces e rapazas asistiron a hora e media de proxeción e participaron nunha visita guiada pola aldea.

Hoxe comeza o XIV Festival de Cans

24/05/2017

Hoxe arrinca a XIV edición do Festival de Cans na que, dende o 24 ao 27 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual. Serán catro días de celebración arredor da música e o cine nunha das edicións do certame con máis carga social e máis multidisciplinar na súa programación

Xa está na rúa o CanZine!

19/05/2017

Dende hoxe xa podedes ler o CanZine, o noso xornal oficial de Cans 2017! Nel entrevistas ao director Montxo Armendáriz, aos premiados Miguel de Lira, Jorge Coira e Xano ou á escritora, xornalista e membro do xurado Mara Torres.

Mañá terá lugar a venda física de entradas no Torreiro de Cans

18/05/2017

O Festival de Cans venderá mañá, venres 19 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde.

Segundo prazo de venda de entradas

10/05/2017

Lembrade que o Festival de Cans abrirá este xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio.

Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans

09/05/2017

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO CON TODA A PROGRAMACIÓN   O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura

Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival  

04/05/2017

O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves 25 de maio, no que terá lugar o habitual concurso de videoclips da Noite Gía, convertíndoo nunha xornada na que convivirán o audiovisual, a música, a gastronomía, a literatura e as artes plásticas con actividade dende a mañá ata a noite.

A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans

27/04/2017

O Festival de Cans fusionará, como xa é habitual, o audiovisual coa música na zona do Jaliñeiro e o Espazo Multiusos na tarde do sábado 27 de maio, día grande do Festival.

Venda das primeiras 600 entradas

24/04/2017

Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde

“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans

19/04/2017

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters.

León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans

05/04/2017

O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic.

O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade

30/03/2017

O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.

Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”

17/03/2017

Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.

Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira

16/03/2017

O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas.

Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira

15/03/2017

Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.

Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans

14/03/2017

Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival

Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans

07/03/2017

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos.

Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe

23/02/2017

O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo.

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia

09/02/2017

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia segundo un estudo levado a cabo pola Fundación Contemporánea

O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns

Aínda cos múltiples recoñecementos e o interese que esperta o festival, continúa sendo complexo completar toda a financiación para poder levalo a cabo.

Aberto prazo de inscrición para Cans 2017

10/01/2017

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips

Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!

22/12/2016

Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra.

O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio

14/12/2016

A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, xa decidiu as datas do evento na súa XIV edición que terá lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio, último fin de semana dese mes.

Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide

O escritor Carlos Meixide estará mañá xoves 15 na tenda Tía Tata do Porriño, para presentar o seu último libro Cans, cuxa trama está centrada arredor do Festival de Cans.

O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016

23/11/2016

O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro.