O Torreiro de Cans acolle mañá venres ás 19h a venda física de entradas do 15º Festival de Cans
17/05/2018Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cansporá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras actividades de pago.
O Festival de Cans reforza a súa programación infantil co MiniCans máis completo da súa historia
14/05/2018O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil.
Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans
09/05/2018A partir de hoxe, 10 de maio, ás 10h00 poderedes atopar en tenda.festivaldecans.com tamén os seguintes produtos:
Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans
➡DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA PROGRAMACIÓN COMPLETA DE #CANS18 A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta
Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans
07/05/2018O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 125 persoas).
Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans
02/05/2018O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas.
Variedade de estilos e talentos na Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans
30/04/2018Dentro do audiovisual, os videoclips xogan sempre un papel de interese pola súa inmediatez e versatilidade: o mesmo poden achegarse ao cinema experimental que construir pequenas narrativas, ás veces funcionan como laboratorio de ideas para novos e novas cineastas e outras atopamos artistas con longas traxectorias centradas nos vídeos musicais.
Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans
27/04/2018Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de FuraCans.
Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans
24/04/2018O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición.
Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans
19/04/2018O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación audiovisual que veñen do mundo da curtametraxe.
O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018
11/04/2018A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2018, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Chelo Loureiro, unha muller cun papel imprescindible na construcción do audiovisual galego nas últimas dúas décadas.
Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans
04/04/2018Por cuarto ano consecutivo, Mahou volverá ser un dos principais patrocinadores do Festival de Cans e complementará a programación do evento con distintas actividades relacionadas co cinema e a música.
Xa se pode participar na Can Parade
28/03/2018A silueta do Can de Cans atópase en todas partes, é perfectamente recoñecible e está sempre preparada para que a interveñan artisticamente. Cada ano, un feixe de artistas de toda caste atrévese a darlle unha nova volta creativa á nosa icona a través da Can Parade, a cita anual do festival coa creación artística.
O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal
O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países.
Amadriña ou apadriña un jalpón no XV Festival de Cans
14/03/2018O Festival de Cans traballa a contrarreloxo tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o orzamento do evento. Dende esta mesma semana, a Asociación Arela -organizadora do festival- pon en marcha a campaña “Apadriña un jalpón”
Un ano máis o Festival de Cans bate o seu récord de curtas inscritas
12/03/2018O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos.
O Festival de Cans impulsa un curso de vídeo
14/02/2018O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos.
O FESTIVAL DE CANS IMPULSA UN CONCURSO DE BOOKTRAILERS
05/02/2018O Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e 26 de maio deste ano, impulsará nesta XV edición un concurso de booktrailers e booktubers, que ten como obxectivo estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades
O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para a súa XV edición
26/12/2017O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición do 23 ó 26 de maio de 2018, abre hoxe martes 26 de decembro a súa convocatoria de obras a concurso, que presentará moitas novidades con respecto á edición anterior.
O FESTIVAL DE CANS 2018 XA TEN DATAS, DO 23 Ó 26 DE MAIO
30/11/2017A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans xa decidiu as datas do evento na súa XV edición que terá lugar do mércores 23 ó sábado 26 de maio.
O Festival e Carlin entregan material escolar a nenas e nenos de Cans
18/09/2017O Festival de Cans e a empresa Carlin entregaron esta fin de semana 25 vales de desconto en material escolar a todas as nenas e nenos de Cans que colaboraron como guías dos camiños na última edición da mostra de curtas.
O Festival de Cans creou un total de 110 postos de traballo durante os catro días de Festival
06/06/2017O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo.
OVIEDO ACOLLEU A PROXECIÓN DOS VIDEOCLIPS DE CANS
05/06/2017Os videoclips finalistas do concurso de clips do Festival de Cans proxectáronse a pasada fin de semana en Oviedo. As proxecións tiveron lugar no Campo San Francisco, dentro do Espazo Oviclip
O Festival de Cans proxecta mañá as obras gañadoras desta XIV edición
02/06/2017Mañá, sábado 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XIV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.
13.000 persoas visitan o Festival de Cans na súa edición máis exitosa
30/05/2017Durante os seus catro días de duración, o Festival potenciou os coloquios e encontros e reforzou a programación adicada ao público infantil. Por primeira vez, descentralizouse a programación, espallando aos asistentes polas diversas actividades que deron comezo xa dende o mércores 24.
Palmarés de #Cans2017
27/05/2017O xurado da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Alfonso Zarauza, Sonia Castelo, Luisa Romeo, César Goldi, Diana Toucedo, José Antonio Quirós e Mara Torres, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios
Cans prepárase para o seu día grande
Comeza o sábado, día grande do Festival de Cans e arrincamos cargados de programación mjsical, audiovisual, roteiros, estreas, estrelas, encontros, pintura, actividades infantís… un día espectacular!
Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas
26/05/2017O venres 26 de maio, tivo como protagonistas aos creadores e creadoras nas primeiras horas da xornada no Café con CREA, protagonizado polo director Guillermo García e membros da asociación, e nas nosas seccións “A que andas?” e “Fill@s de Cans”.
Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival
O Festival de Cans inaugurou a súa segunda xornada de Festival recibindo a centos de escolares na súa sección “Cans do futuro”. Os rapaces e rapazas asistiron a hora e media de proxeción e participaron nunha visita guiada pola aldea.
Hoxe comeza o XIV Festival de Cans
24/05/2017Hoxe arrinca a XIV edición do Festival de Cans na que, dende o 24 ao 27 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual. Serán catro días de celebración arredor da música e o cine nunha das edicións do certame con máis carga social e máis multidisciplinar na súa programación