
O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans
15/05/2019Mañá xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e para asistir a outras actividades e sesións paralelas de pago.

O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina
14/05/2019O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame.

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países
07/05/2019DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición.

Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans
02/05/2019O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presenta hoxe un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da señora Alicia, que pasará a chamarse Espazo Estrella Galicia

Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans
25/04/2019A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival

Filmes dende o guión no encontro A que andas?
24/04/2019Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual.

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans
23/04/2019O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans
16/04/2019O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame.

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine
15/04/2019O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas. O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio.

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París
11/04/2019O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países

Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019
08/04/2019Hoxe martes 9 de abril ás 10.00h poñeranse á venda na tenda online do festival (tenda.festivaldecans.com) os primeiros 450 packs de entrada máis camiseta, que inclúen como agasallo unha chapa exclusiva e o programa de man.

O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans
04/04/2019O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron.

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019
27/03/2019A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”.

Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso
14/03/2019O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición.

Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019
14/02/2019Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais.

Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303
12/02/2019O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de formar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos.

O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018
11/01/2019O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.

O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN
08/01/2019O Festival de Cans traballa xa a tope na XVI edición do festival, que este ano terá lugar entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. Este martes, 8 de xaneiro, o festival abre a súa convocatoria a concurso para a recepción de curtametraxes

O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”
20/12/2018O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto.

O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL
19/12/2018Como cada Nadal nos últimos anos, o Festival de Cans e a empresa Gadis achegaron ás veciñas e veciños de Cans, vinte cestas de Nadal para agradecerlles a moitas familias a estreita colaboración que manteñen co festival.

NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA
18/12/2018Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.

OS GOYA PASAN POR CANS
11/12/2018O Festival de Cans quere dar os seus parabéns a todas as galegas e galegos nominados ós Premios Goya, a maioría moi ligados ás últimas edicións de Cans onde foron recoñecidos con múltiples premios.

O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR
06/10/2018O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural.

O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018
05/10/2018O Festival de Cans recibirá este ano o Premio da Cultura Galega na modalidade de audiovisual. É unha gran noticia para o noso festival, xa que este recoñecemento, é un dos premios máis relevantes da cultura galega.

Ata sempre Divina
03/10/2018O Festival de Cans lamenta o falecemento da popular veciña da parroquia Divina Campos, coñecida como Divina do Castillo, que nos deixou ós 86 anos. No ano 2012, o festival concedeulle o Chimpín de Prata como recoñecimento ó seu apoio ó festival e á súa colaboración entusiasta, poñendo este galardón no Muro dos Chimpíns.

O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas
07/06/2018O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo.

12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa
02/06/2018A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento.

O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición
01/06/2018Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans
26/05/2018O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans

Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”
Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas.