
CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA
25/08/2020O certame terá como novidades a sección competitiva “Novas Camadas”, adicada a cineastas debutantes, e “Directrices”, que acollerá as obras de actrices e actores que deron o paso para dirixir.

Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas
21/08/2020Na sección competitiva Furacáns, a máis arriscada do certame, competirán sete obras, das cales catro terán en Cans a súa estrea absoluta. Toda a sección internacional ExtraCans, composta por cinco obras de cineastas de Bélxica, País de Gales, Suíza, Arxentina ou Brasil, serán curtas de estrea en Galicia.

BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS
19/08/2020Nestes coloquios adicados a analizar o papel de actrices e actores participarán tamén Uxía Blanco, Monti Castiñeiras, Miquel Insua ou Ana Santos. Ante as reducións de aforo impostas pola normativa vixente, o Festival retransmitirá nesta edición todos os coloquios en streaming para quen queira seguilos en directo.

AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS
11/08/2020Só 300 localidades para o concerto e a tradicional Noite das homenaxes ao aire libre, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. A música da artista viguesa Babykatze chega o xoves 3 de setembro durante a Noite Lasal dos videoclips.

O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
07/08/2020Unha placa adicaralle unha ‘rúa efémera’ en Cans ao director de “Sempre Xonxa”. A actriz Uxía Blanco e a víuva do cineasta, Mari Luz Montes, participarán nun coloquio apoiado pola Fundación Aisge.

O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA
04/08/2020Cans, O Porriño, 4 de agosto de 2020.-Primeiro pasaron polo Festival de Cans, e obtiveron o recoñecemento do público ou o do xurado. E agora serán exhibidas na cidade portuguesa de Caminha.

A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS
30/07/2020Cans, O Porriño, 30 de xullo de 2020.- A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez.

OLIVER LAXE E O MÚSICO HENDRICK ROVER ESTARAN NO ESPAZO ESTRELLA GALICIA
24/07/2020Cans, O Porriño, 24 de xullo de 2020. O director de cine Óliver Laxe, un dos directores de maior prestixio internacional, e o coñecido músico Hendrick Rover, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans

A PELÍCULA GALEGA “A ILLA DAS MENTIRAS” ABRIRÁ O XVII FESTIVAL DE CANS
21/07/2020O filme será o agardado debú da directora galega Paula Cons e suporá a súa estrea en salas, antes da súa distribución en cinemas.

UN PROXECTO SOBRE O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ NA BIENAL DE VENECIA DE ARQUITECTURA, A MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO
09/06/2020A Bienal de Venecia de Arquitectura, considerada a máis importante do mundo, acollerá na vindeira edición un proxecto baseado no Festival de Cans e os seus jalpóns, que cada ano se reconvirten en espazos adicados ó cine, e que este ano prevé celebrar a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

O FESTIVAL DE CANS APRÁZASE ATA SETEMBRO
26/03/2020A organización do Festival de Cans decidiu aprazar a celebración da XVII edición do Festival, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana do mes de setembro, en concreto do mércores 2 ao sábado 5 de setembro.

O FESTIVAL DE CANS SEGUE TRABALLANDO CO HORIZONTE POSTO NAS DATAS PREVISTAS, PERO NON DESCARTA UN APRAZAMENTO
18/03/2020A alerta sanitaria derivada do Covid-19 mantén en vilo á organización do Festival de Cans, que tampouco permanece allea a esta situación. Aínda que o festival segue traballando co horizonte posto nas datas previstas inicialmente para a celebración do evento, do 19 ao 23 de maio, non se descarta un posible aprazamento.

O FESTIVAL DE CANS RECIBE UN TOTAL DE 251 OBRAS PARA PARTICIPAR NAS DIVERSAS COMPETICIÓNS
10/03/2020O Festival de Cans celebrará este ano a súa XVII edición do 19 ao 23 de maio, ampliando a súa programación de catro a cinco días, e volveu obter unha magnífica resposta por parte das creadoras e creadores galegos.

O FESTIVAL DE CANS E GADIS FAN ENTREGA DE 25 CESTAS DE NADAL A VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS
23/12/2019O Festival de Cans e a empresa Gadis entregaron nestas datas de nadal no Torreiro de Cans, un total de 25 cestas con produtos navideños a todas as veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas durante os días do certame.

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
17/12/2019O Festival de Cans abre este martes 17 de decembro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVII edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño entre o 19 e o 23 de maio de 2020, sumando un día máis de festival respecto á edición anterior.

AS CURTAS GAÑADORAS NO FESTIVAL DE CANS COMEZAN UN PERCORRIDO INTERNACIONAL
13/11/2019O Festival de Cans comezará este mércores 13 de novembro en Bruxelas un percorrido internacional que o levará a estar presente nos vindeiros meses en cidades como París ou Lisboa.

O FESTIVAL DE CANS PARTICIPARÁ NO ENCONTRO “CULTURA Y CIUDADANÍA” EN MADRID
23/10/2019O Festival de Cans estará presente no V Encontro “Cultura y Ciudadanía”, que se celebra ao longo desta semana no Centro de Creación Contemporánea Matadero e outros espazos en Madrid.

O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA
08/10/2019O Festival de Cans entregou nestes días os cheques desconto para que as rapazas e rapaces da aldea que colaboran co certame, poidan canxealos por material escolar neste inicio do curso. Esta entrega é froito dunha colaboración que o festival asinou coa cadea de papelería Carlin, unha das firmas colaboradoras do certame.

O Festival de Cans bateu o seu récord de contratacións chegando ás 132 persoas
04/06/2019Unha edición máis, o Festival de Cans sitúanse como un dos proxectos culturais con impacto social e económico das súas actividades no ámbito xeográfico no que se desenvolve, dinamizando a economía local e incrementando o número de postos de traballo asociados ao certame.

O Festival de Cans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos na Sala Ingrávida
31/05/2019A Sala Ingrávida acollerá as proxeccións das curtas galardoadas na XVI edición do Festival de Cans. Debido ao repartido que quedou o palmarés, esta tradicional sesión dividirase en dous días.

O Festival de Cans marcou o seu record histórico de público con 15.000 asistentes
28/05/2019O Festival de Cans bateu na súa décimo sexta edición un novo e histórico récord de asistencia de público chegando ás 15.000 persoas durante os seus catro días de duración.

PALMARÉS 2019
25/05/2019O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 16ª edición (coa colaboración de AGADIC). A curta The Widow, de Noelia Muíño, acadou tres dos galardóns

Coloquio na Leira con Rodrigo Sorogoyen
Esta mañá, o director Rodrigo Sorogoyen subíase ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans
O Festival de Cans chega á celebración do seu Día Grande coa entrega dos premios desta 16ª edición e acollendo tamén as actividades musicais, cinematográficas e os encontros máis interesantes.

A Noite das Homenaxes e Marlango, destacados do venres en Cans
24/05/2019A xornada de mañá venres vén marcada pola emotiva celebración da Noite das Homenaxes que terá lugar no Torreiro ás 22h30. O actor Carlos Blanco colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’19

O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane
23/05/2019A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes.

‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans
22/05/2019Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr.

PALMARÉS DO IV CONCURSO ‘O OLLO DE VIDRO’
Esta tarde o xurado entregou no Baixo de Bugarín os premios da final do concurso ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans en colaboración coa canle de Youtube Recoméndoche un libro.

O Festival de Cans arrinca mañá cos veciños e veciñas como protagonistas
21/05/2019A 16ª edición do Festival de Cans comeza mañá centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglamour coas últimas novidades culturais e cinematográficas.

O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr
16/05/2019O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr.