
“HONEYMOON”, DO DIRECTOR ENRIQUE OTERO, SERÁ A PELICULA QUE ABRA A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
23/03/2023A XX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, anunciou hoxe que o filme “Honeymoon”, de Enrique Otero protagonizará a sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio.

O FESTIVAL DE CANS IMPULSA ESTA FIN DE SEMANA O “CANCIÑOS FEST”
21/03/2023O Festival de Cans organizará esta fin de semana no Porriño o “Canciños Fest”, un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega ás máis pequenas e pequenos.

Incrementase o número de obras recibidas para concursar na XX edición do Festival de Cans
08/03/2023O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar na aldea de Cans (O Porriño) durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio, incrementou case un 25% o número de curtametraxes e obras recibidas buscando entrar en competición nunha edición tan sinalada.

O FESTIVAL DE CANS ELIXIDO O TERCEIRO MELLOR EVENTO CULTURAL DE GALICIA E UN DOS MELLORES DE ESPAÑA NO ÁMBITO RURAL
03/02/2023O Festival de Cans, que este ano celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, foi seleccionado entre o mellor dos eventos culturais en Galicia no ano 2022.

BRUXELAS TERCEIRA PARADA NO CIRCUITO INTERNACIONAL QUE PROMOVE O FESTIVAL DE CANS PARA VISIBILAR AS OBRAS GAÑADORAS
25/01/2023O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, prosegue neste 2023 co seu traballo de dar a coñecer ás novas e novos creadores galegos a través dun circuito internacional de proxecións.

CANS UN FESTIVAL TALISMÁN PARA OS PREMIOS GOYA
26/12/2022Con máis dun cento de obras audiovisuais proxectadas na pasada edición, o Festival de Cans convértese ano tras ano, nun gran escaparate e nun festival talismán para os Premios Goya.

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA 20 CESTAS DE NADAL DE GADIS ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS QUE COLABORAN CO CERTAME
21/12/2022O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 23 de maio, agasallou estes días con 20 cestas de Nadal outros tantos veciños e veciñas que colaboran habitualmente co certame.

O FESTIVAL DE CANS ABRE A CONVOCATORIA PARA O ENVÍO DE OBRAS
13/12/2022O Festival de Cans, que este ano chega á cifra especial de vinte edicións, abre desde este martes a convocatoria para que todas aquelas autoras e autores que o desexen envíen as súas obras a concurso para participar no certame.

O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023
01/12/2022O Festival de Cans xa ten datas para a celebración da súa vixésima edición, que será do martes 16 ao sábado 20 de maio de 2023.

O FESTIVAL DE CANS DESPIDE ESTA FIN DE SEMANA O CICLO CINEMALDEA CON PROXECIÓNS EN ATIOS E BUDIÑO
24/11/2022O Festival de Cans despedirá esta fin de semana o ciclo Cinemaldea, que ó longo de todo o mes de novembro levou con moito éxito o cinema en forma de curtametraxes ás zonas rurais do Concello do Porriño.

CINEMALDEA REGRESA EN NOVEMBRO PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL
03/11/2022O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.

UNHA SELECCIÓN DE CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXECTARANSE ESTE VENRES EN LISBOA
20/10/2022Unha selección das curtas premiadas no Festival de Cans proxectaranse este venres 21 de outubro en Lisboa, organizado por Xuventude de Galicia, no Centro Galego de Lisboa.

O FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE VENRES EN CAMINHA UN PERIPLO INTERNACIONAL QUE O LEVARÁ POR VARIAS CIDADES EUROPEAS
01/09/2022O Festival de Cans comezará este venres 2 de Setembro en Caminha (Portugal), un periplo de proxecións internacionais que o levará por varias cidades europeas, ó longo dos vindeiros meses.

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA “CANS ONLINE”
16/06/2022FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE” Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 11 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.

AS CURTAS FINALISTAS DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN VERSE SÓ ESTA FIN DE SEMANA NA VERSIÓN ON LINE DO CERTAME
15/06/2022O Festival de Cans poñerá en marcha deste este xoves ata o domingo “Cans On Line”, a versión en liña do certame, que se celebra por terceiro ano consecutivo.

O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO
31/05/2022A última edición do Festival de Cans supuxo un grande éxito de público, con máis de 10.000 visitantes nos catro días de duración, pero tamén deixou bos datos nas cifras de impacto socioeconómico do evento.

O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN
27/05/2022O Festival de Cans ofrece este sábado unha nova cita co audiovisual galego coa proxección das curtas gañadoras da súa XIX edición. Será nunha sesión especial, no Centro Cultural do Porriño, na que se poderán ver as curtas que o pasado sábado conquistaron o ansiado can de pedra.

O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA
23/05/2022O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou por Cans o sábado, día grande do festival, no que hubo un grande ambiente e un comportamento exemplar por parte do público.

“ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS
22/05/2022O Festival de Cans baixou o pano este sábado coa Gala Final de Entrega dos Premios da súa XIX edición (coa colaboración de AGADIC). Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe.

DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS
20/05/2022O Festival de Cans chega este sábado ao seu día grande coa entrega dos premios da XIX edición. A última xornada do certame inclúe os encontros cos curtametraxistas e a proxección das 32 obras a concurso das seccións de Ficción e Animación, que este ano compiten na mesma categoría, e mailas de Furacáns de non ficción.

MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS
19/05/2022O Festival de Cans chega ao venres cunha programación repleta de actividades, estrelas e moito agroglamour. A protagonista desta cuarta xornada será a cineasta Margarita Ledo, que estará en Cans para manter un coloquio e colocar a súa estrela no paseo da fama do Torreiro.

A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS
18/05/2022O Festival de Cans arranca os chimpíns este xoves, coa apertura oficial da XIX edición do certame. Por primeira vez, este ano o título escollido para dar o disparo de saída é unha serie, Rapa, a nova creación do equipo da exitosa Hierro, con Jorge Coira e Elena Trapé na dirección.

MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS
17/05/2022O XIX Festival de Cans vai poñendo a punto os motores dos chimpíns este mércores, coa veciñanza de Cans como protagonista. A xente da aldea, colaboradora e partícipe, é o eixe central deste día, no que se agradece a súa inestimable contribución ao festival.

“MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS
16/05/2022O Festival de Cans suma este ano unha xornada de programación, coincidindo co Día das Letras, e comeza este 17 de maio a súa semana grande.

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU
12/05/2022A XIX edición do Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, quenta motores co inicio, este xoves 12, das proxeccións da retrospectiva internacional que este ano protagoniza o realizador lisboeta João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués.

O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
03/05/2022O Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, e suma unha xornada de introdución previa no Día das Letras, volve á primavera, coas súas datas tradicionais, cos desfiles de chimpíns e cos concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans.

O FESTIVAL DE CANS RECUPERA OS CONCERTOS GRATUÍTOS E AVANZA ACTUACIÓNS DE DAKIDARRÍA, LOS VINAGRES, CALDO OU JUAN ZELADA
28/04/2022O Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio, vén de avanzar novas confirmacións musicais para esta XIX edición, na que Dakidarría será un dos pratos fortes.

LOIS PATIÑO, ELOY DOMÍNGUEZ, ÁNGEL SANTOS, GUILLERMO DE OLIVEIRA OU LUCÍA ESTÉVEZ COMPETIRÁN NO FESTIVAL DE CANS
25/04/2022A XIX edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas de ficción a concurso na sección oficial do certame.

O FESTIVAL DE CANS SELECCIONA 12 CURTAS NA CATEGORÍA FURACÁNS, 10 DELAS DIRIXIDAS POR MULLERES E 8 ESTREAS
21/04/2022Dedicada ás obras de non ficción que asumen maior risco narrativo, este apartado competitivo foi medrando nos últimos anos ata sumar nesta edición unha ducia de curtas, entre as que haberá oito estreas, seis delas estreas absolutas e outras dúas estreas en Galicia.

O FESTIVAL DE CANS, SEGUNDO PREMIO RODOLFO PRADA Á XESTIÓN CULTURAL
20/04/2022O Festival de Cans vén de recibir un novo galardón pola súa traxectoria e iniciativas culturais. Trátase do segundo premio Rodolfo Prada á xestión cultural que organiza a Deputación de Ourense e que vai pola súa quinta edición.