O FESTIVAL DE CANS ENTREGOU QUINCE VALES DESCONTO EN MATERIAL ESCOLAR ENTRE AS NENAS E NENOS DA ALDEA
10/10/2023O Festival de Cans fixo entrega nos pasados días de quince vales de desconto en material escolar para as nenas e nenos da aldea que colaboraron na última edición do certame.
O FESTIVAL DE CANS RECIBE O PREMIO CREA DE HONOR, CONCEDIDO POLA ASOCIACIÓN DE CINEASTAS DE GALICIA
03/10/2023O Festival de Cans recibiu esta fin de semana o Premio CREA de honor, concedido pola asociación de realizadoras e realizadores de Galicia.
O FESTIVAL DE CANS INICIA ESTE SÁBADO EN CAMINHA O SEU PERCORRIDO DE PROXECIÓNS INTERNACIONAIS
28/09/2023O Festival de Cans comezará este sábado 30 de setembro na localidade portuguesa de Caminha o seu programa internacional “Cans Itinerante”, que busca visibilizar en varios países as obras premiadas na última edición do certame.
O PROXECTO DE ARQUIVO DIXITAL DO FESTIVAL DE CANS PRESENTARASE ESTE MÉRCORES NUN CONGRESO INTERNACIONAL EN VENECIA
11/09/2023O Festival de Cans dará este mércores un novo paso internacional, ao presentar o seu proxecto de arquivo dixital histórico do certame, na Univeristá Ca´ Foscari, a principal universidade de Venecia.
O FESTIVAL DE CANS RECIBIRÁ O PREMIO ALECRÍN DA CULTURA, OTORGADO POLAS ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS DE CATALUÑA
07/08/2023O Festival de Cans recibirá este mércores 9 de agosto o prestixioso Premio Alecrín da Cultura, concedido pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat).
A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS CREOU 151 EMPREGOS E BATEU A SÚA MARCA HISTÓRICA DE CONTRATACIÓNS
30/05/2023A XX edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, rexistrou unha marca histórica de creación de emprego, ao chegar a 151 altas laboráis.
MÁIS DE 13.000 PERSOAS PASARON POLO FESTIVAL DE CANS NUNHA HISTÓRICA XX EDICIÓN, CARGADA DE SORPRESAS E EMOCIÓN
23/05/2023A XX edición do Festival de Cans, que se celebrou a pasada fin de semana nesta aldea de O Porriño, deixou cifras históricas.
ÁNGEL SANTOS OBTÉN UN TRIUNFO HISTÓRICO CON CATRO PREMIOS POLA CURTA “ALICIA FAI COUSAS”
22/05/2023A XX edición do Festival de Cans baixou o pano co acto de entrega de premios nas distintas categorías competitivas do certame (coa colaboración de AGADIC). O gran gañador desta edición foi o realizador Ángel Santos
Cans celebrou a súa apertura oficial coa proxección do filme “Honeymoon”
19/05/2023A xornada de onte en Cans trouxo un dos momentos máis emotivos do festival co reencontro das actrices que hai 25 anos foron protagonistas dunha das series históricas do audiovisual galego, “Mareas Vivas”.
Cans celebra por todo o alto o Día das Letras con estreas e coloquios de cinema do país e moita música
18/05/2023O Festival de Cans viviu onte a segunda xornada da súa XX edición, cunha xornada moi especial dedicada a festexar o Día das Letras.
O FESTIVAL DE CANS ABRE A SÚA XX EDICIÓN CUNHA INVASIÓN DE RAPACES E UNHA HOMENAXE A VIDAL BOLAÑO
17/05/2023A XX edición do Festival de Cans arrancou coa visita de ducias de escolares de colexios e institutos galegos que volvían ao certame do Porriño despois dos anos de pandemia nos que as restricións impedíanlles asistir.
Arranca a XX edición do Festival de Cans coa Noite Lasal dedicada aos videoclips e unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño
15/05/2023A XX edición do Festival de Cans arranca mañá martes cunha intensa programación de cinco días de cine, música e homenaxes a persoeiros do mundo do cine e aos veciños da aldea de Cans que fan posible co seu traballo e dedicación unha das citas senlleiras do audiovisual galego cada ano.
O FESTIVAL DE CANS ARRANCA A SÚA PREVIA COS FILMES DE VALÉRIE MASSADIAN E A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE DIEGO GIRÁLDEZ
11/05/2023A XX edición do Festival de Cans arranca esta fin de semana cunha programación previa en O Porriño que contará cunha retrospectiva da cineasta Valérie Massadian, a apertura dunha exposición de collage de Diego Giráldez e coa presentación do novo proxecto musical de Eladio Santos, Ronsel, acompañado por Andrés Cunha.
O FESTIVAL DE CANS DARÁ A COÑECER 14 PROXECTOS DE LONGAMETRAXES NAS SÚAS SECCIÓNS “FILLAS DE CANS” E “A QUE ANDAS”
08/05/2023A XX edición do Festival de Cans contará nos seus coloquios matinais de martes a venres coa presenza de perto de 40 profesionais destacados do mundo do cinema, entre os que están cineastas, guionista, produtores ou actrices e actores.
LOS PUNSETES, FILLAS DE CASSANDRA, NATHALIE POZA E MÁIS DE 30 ESTREAS E 25 ACTUACIÓNS PARA CELEBRAR A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
03/05/2023O Festival de Cans presentou este mércores a súa XX edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio.
O FESTIVAL DE CANS TERÁ UNHA INTENSA PROGRAMACIÓN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CINE, MÚSICA E COLOQUIOS
28/04/2023Por primeira vez na súa historia o Festival de Cans contará cunha intensa programación da mañá ata a noite para celebrar o Día das Letras, a gran festa anual da lingua galega. O mércores 17 de maio haberá cine en galego, coloquios, música tradicional e actividades como Novas Camadas ou o Día dos Veciños.
O FESTIVAL DE CANS ADICARÁ A SÚA RETROSPECTIVA INTERNACIONAL Á CINEASTA FRANCO-ARMENIA VALéRIE MASSADIAN
25/04/2023A XX edición do Festival de Cans contará coa presenza da cineasta e fotógrafa franco-armenia Valérie Massadian. O certame dedicaralle o Foco Internacional, cunha retrospectiva completa na que presentará as dúas longametraxes e sete curtametraxes, seis delas inéditas en España.
THE LIMBOOS E MR. KILOMBO, ENTRE AS ACTUACIÓNS MUSICAIS COAS QUE O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA XX EDICIÓN
20/04/2023O Festival de Cans ofrece un avance da programación musical coa que celebrará a XX edición do certame, que terá lugar do 16 ao 20 de maio. Todos os días do festival pecharanse cunha actuación musical, destacando as que terán lugar o venres 19 e o sábado 20 de maio no Espazo Estrella Galicia
DEZ OBRAS COMPETIRÁN NA SECCIÓN FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
14/04/2023O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, elexiu para a súa sección competitiva Furacáns un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito delas, un 80% do total, están dirixidas por mulleres cineastas.
LUIS ZAHERA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS NA SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN
30/03/2023O Festival de Cans, que celebrará a súa víxésima edición nesta aldea de O Porriño, entre o 16 e o 20 de maio, acordou otorgar nesta edición o seu Premio de Honra, o Premio Pedigree, ao actor Luis Zahera.
EN MARCHA O IV CONCURSO DE PINTURA “PINTAR O CINE”
28/03/2023O Festival de Cans, coa colaboración da empresa GALPI (Galicia de Pinturas), abre o prazo para todas aquelas persoas que queiran participar no seu concurso de pintura “Pintar o Cine”.
“HONEYMOON”, DO DIRECTOR ENRIQUE OTERO, SERÁ A PELICULA QUE ABRA A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
23/03/2023A XX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, anunciou hoxe que o filme “Honeymoon”, de Enrique Otero protagonizará a sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio.
O FESTIVAL DE CANS IMPULSA ESTA FIN DE SEMANA O “CANCIÑOS FEST”
21/03/2023O Festival de Cans organizará esta fin de semana no Porriño o “Canciños Fest”, un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega ás máis pequenas e pequenos.
Incrementase o número de obras recibidas para concursar na XX edición do Festival de Cans
08/03/2023O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar na aldea de Cans (O Porriño) durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio, incrementou case un 25% o número de curtametraxes e obras recibidas buscando entrar en competición nunha edición tan sinalada.
O FESTIVAL DE CANS ELIXIDO O TERCEIRO MELLOR EVENTO CULTURAL DE GALICIA E UN DOS MELLORES DE ESPAÑA NO ÁMBITO RURAL
03/02/2023O Festival de Cans, que este ano celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, foi seleccionado entre o mellor dos eventos culturais en Galicia no ano 2022.
BRUXELAS TERCEIRA PARADA NO CIRCUITO INTERNACIONAL QUE PROMOVE O FESTIVAL DE CANS PARA VISIBILAR AS OBRAS GAÑADORAS
25/01/2023O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, prosegue neste 2023 co seu traballo de dar a coñecer ás novas e novos creadores galegos a través dun circuito internacional de proxecións.
CANS UN FESTIVAL TALISMÁN PARA OS PREMIOS GOYA
26/12/2022Con máis dun cento de obras audiovisuais proxectadas na pasada edición, o Festival de Cans convértese ano tras ano, nun gran escaparate e nun festival talismán para os Premios Goya.
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA 20 CESTAS DE NADAL DE GADIS ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS QUE COLABORAN CO CERTAME
21/12/2022O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 23 de maio, agasallou estes días con 20 cestas de Nadal outros tantos veciños e veciñas que colaboran habitualmente co certame.
O FESTIVAL DE CANS ABRE A CONVOCATORIA PARA O ENVÍO DE OBRAS
13/12/2022O Festival de Cans, que este ano chega á cifra especial de vinte edicións, abre desde este martes a convocatoria para que todas aquelas autoras e autores que o desexen envíen as súas obras a concurso para participar no certame.
O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023
01/12/2022O Festival de Cans xa ten datas para a celebración da súa vixésima edición, que será do martes 16 ao sábado 20 de maio de 2023.