O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran participar no VI concurso de pintura “Pintar o Cine”.
Este evento, que terá lugar ó aire libre no entorno da Praza do Concello de O Porriño, o xoves 22 de maio, dentro da programación do festival, consiste en plasmar en directo un proxecto que debe ter relación ou inspiración na escena dun filme. Os artistas elixidos poderán desenvolver o seu proxecto nun máximo de cinco horas e media ao longo da tarde e ante o público.
Nesta edición haberá importantes novidades; por unha parte, aumentase a cuantía dos 2 primeiros premios, ademáis, créase un novo premio, á terceira mellor obra; por último, o noso novo colaborador, Pinturas Damián Domínguez, doará un lote de pinturas e pinceis a todos os e as participantes.
As persoas que decidan presentarse deberán inscribirse de xeito gratuito previamente en pinturarapida@festivaldecans.com e mostrar un portfolio como mostra do seu estilo e do manexo da técnica que propoñan. Os participantes serán elixidos por rigurosa orde de inscrición, ata un máximo de dez, sendo a data límite para facelo, o domingo 11 de maio, e tendo que ser as persoas inscritas maiores de 16 anos. “Pintar o cine”, é unha actividade coordinada pola interiorista e responsable de atrezzo do festival, Isis Rodríguez.
Un xurado de tres persoas relacionadas co mundo da arte e da creación, elixirá ós gañadores.
Nas últimas edicións, este certame converteuse nun clásico do festival, logrando unha alta calidade na participación e un gran ambiente na rúa. O perfil dos participantes neste concurso procede de diversos perfís de creadores que van desde debuxantes a ilustradores, pasando por deseñadores gráficos ou graffiteros.