A cicatriz branca

Apuntade nas vosas axendas! Este domingo día 8 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.Desta volta será a quenda do filme A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión.

slide1

O filme sitúase na primeira metade do século XX, no que milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.

Todas as proxeccións son na propia Sala Ingrávida (rúa Pérez Leirós 3, O Porriño). O prezo das entradas é de 3,50€ e poden facerse reservas a través do número 986 331 622. Difundide e vide ao cine!