Unha vez máis dende o Festival de Cans queremos facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao financiamento do certame, ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración, entre elas, o apadriñamento dun jalpón. As nosas salas de proxección póñense a disposición de patrocinadores públicos e privados como espazo promocional privilexiado. Ser padriño ou madriña dun dos nosos espazos é unha maneira innovadora de darse a coñecer e acadar visibilidade nun evento que xunta a máis de 13.000 persoas e que conta cunha gran comunidade de seguidores nas redes sociais, con preto de 30.000 fans en Facebook e 6.300 en Twitter.
O festival comprométese a buscar propostas á medida de cada patrocinador ou colaborador, dende empresas que queiran patrocinar un dos espazos singulares do certame ata pequenos negocios que desexen facer intercambios en especies -como empresas de automóbiles, alimentación, telefonía ou informática-, poñer un spot nas pantallas das salas ou un anuncio no Canzine, a revista oficial do certame. Quen estea interesado pode contactar coa organización a través do mail patrocina@festivaldecans.com.
Con esta inciativa queremos buscar novos apoios e novas vías de financiamento ante a incerteza das achegas dos organismos públicos, co obxectivo de xerar recursos propios e evitar que esa situación afecte á organización do evento. Axudádenos a facer viable a décimo terceira edición do Festival de Cans!