Círculo Recreativo Cultural

CRC

O Círculo Recreativo Cultural (CRC) é o gran espazo das estreas que abren o festival. Máis de 300 persoas logra meter este gran salón de baile, xeracións de porriñeses bailaron e namoraron dentro desta sociedade recreativa que anima a vida dende os anos 50. É un amplo espazo cunhas grandes escaleiras frontais por onde os actores e equipos dos filmes chegan despois de facer o paseo en chimpín dende o Parque Infantil. A elección deste espazo para proxectar filmes non é casual, xa que antigamente albergou unha máquina de cine e se proxectaban películas. De frente ó escenario, xusto enriba da porta principal aínda se pode ver o oco por onde se proxectaba.