Xurado

Escolle categoría: FICCIÓN E ANIMACIÓN | NON FICCIÓN (FURACÁNS) E NOVAS CAMADAS | VIDEOCLIPS | VECIÑOS E VECIÑAS

XURADO CURTAMETRAXES FICCIÓN E ANIMACIÓN

jurado-festival-de-cans-2024-janet-novas
JANET NOVAS (Cans, O Porriño, 1982), actriz, bailarina e coreógrafa
Formada en Madrid, Bruxelas ou Berlín como bailarina e coreógrafa. O seu traballo de diálogo permanente co seu corpo convenceu á directora Jaione Camborda para convertela en actriz protagonista do filme O Corno. O seu debú valeulle o Premio Goya á mellor Actriz Revelación. Anteriormente, en 2014, xa fora protagonista do documental Cadencia, dirixido por Virginia Rota e proxectado no Festival de Cans.
jurado-festival-de-cans-2024-alvaro-gago

ÁLVARO GAGO (Vigo, 1986)
Estuda cinema na London Film School, na que se gradúa coa curta Curricán. No 2017 dirixe Matria, curtametraxe nomeada aos Goya e gañadora do Gran Premio do Xurado en Sundance. A súa seguinte curta, 16 de decembro, nomeada aos Goya e gañadora do Mestre Mateo, estréase na sección Pardi di Domani do Festival de Locarno. A súa primeira longametraxe, Matria, que parte da curta homónima, estreouse na sección Panorama da Berlinale, recibiu a Biznaga de Prata de Málaga á Mellor Actriz e o Premio ASECAN á Mellor Ópera Prima, e obtivo sendas nominacións ao Goya a Mellor Dirección Novel e Mellor Actriz. Actualmente forma parte do equipo docente do FilmLab Lac6, o Conecta Lab e La Residencia Navarra, e está desenvolvendo a súa segunda longa de ficción, Porto Alegre, no marco do programa Rueda da Academia do Cine.

jurado-festival-de-cans-2024-marina-garcia

MARINA GARCÍA, produtora e docente
Doutora en Historia da arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2014 lidera a produtora Sintagma Films, coa que produciu, entre outros, os traballos de Guillermo García López: Frágil Equilibrio (2016), sobre o ex presidente de Uruguai, José Mujica, gañador do Goya ao Mellor Documental e premio DOC España na Seminci; Low-Tech Reality (2022); e Aunque es de noche (2023), Premio Forqué e Goya a Mellor Curtametraxe de Ficción. Paralelamente, desenvolveu proxectos site specific, instalacións audiovisuais e pezas experimentais como Bit (2019), para a Bienal de Venecia, ou Fenda (2023), para a Cidade da Cultura. Tamén participou da montaxe da última videoinstalación de Victor Erice, Piedra y Cielo.

jurado-festival-de-cans-2024-diego-anido

DIEGO ANIDO (Santiago de Compostela, 1976)
É unha das caras máis recoñecibles do audiovisual en Galicia, sobre todo despois da súa nominación, en 2022, aos Premios Goya como mellor actor revelación polo seu impresionante traballo en As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen. Antes forxou unha longa traxectoria como actor de teatro e abriuse camiño no cinema en filmes como Trote, de Xacio Baño, ou Ons e Malencolía, de Alfonso Zarauza, filme este último, polo que logrou un Mestre Mateo a mellor actor secundario. No último ano participa en O Corno, de Jaione Camborda.

jurado-festival-de-cans-2024-zeltia-montes

ZELTIA MONTES (Madrid, 1979)
Un dos grandes talentos da composición musical española. Comezou no cine da man do director galego Ignacio Vilar, co que traballou nas bandas sonoras de Pradolongo e A Esmorga. En 2022 foi recoñecida co Goya á mellor Banda Sonora por El Buen patrón, de Fernando León de Aranoa. En 2019 estivera tamén nominada ao Goya á mellor BSO polo documental Sad Hill desenterrado, de Guillermo de Oliveira, e en 2016 á Mellor Canción orixinal por Frágil Equilibrio, de Guillermo García López.

XURADO CURTAMETRAXES NON FICCIÓN (FURACÁNS) E NOVAS CAMADAS

jurado-festival-de-cans-2024-ana-david

ANA DAVID
Ana David, programadora de cinema que traballa entre Berlín e Oporto. Actualmente é comisaria no Batalha Centro de Cinema, unha nova institución/sede pública adicada ao cinema, o cinema de artista, a investigación e o discurso. Dende 2018, é membro do comité de selección da sección Panorama da Berlinale. Cargos anteriores en programación inclúen IndieLisboa, Berwick Film & Media Arts Festival, BFI London FF y Queer Lisboa, neste último como codirectora.

jurado-festival-de-cans-2024-alvaro-pulpeiro

ÁLVARO PULPEIRO
Cineasta galego afincado entre Madrid e Barranquilla. Tras graduarse como arquitecto pola Architectural Association de Londres e formar parte do 89+, colectivo de artistas novos curado por Hans Ulrich Obrist, os seus traballos de cinema documental e experimental participan en certames de prestixio nacional e internacional como CPH:DOX, IndieLisboa, DMZ Docs, Festival de Sevilla, Festival de Xixón ou Festival de Edimburgo. Actualmente prepara a súa primeira longametraxe de ficción (proxecto co que participa na quinta edición das Residencias da Academia do Cine Español). Actualmente prepara a súa primeira longametraxe de ficción, Petróleo.

jurado-festival-de-cans-2024-eloy-enciso

ELOY ENCISO
Eloy Enciso estudou cinema documental na Escola Internacional de San Antonio dos Baños, Cuba. O seu recoñecemento internacional chega en 2012 con Arraianos, onde atopamos os principais acenos de identidade da súa obra: adaptación de textos literarios con actores non profesionais en propostas de coidada fotografía e na fronteira dos xéneros cinematográficos. O filme gañou o premio á Mellor Película nos festivais de Buenos Aires (BAFICI), Perú (Transcinema) e Sevilla (SEFF), e foi exhibida no MoMA de Nova York. Tras realizar a residencia artística do Radcliffe Institute da Universidade de Harvard, regresa en 2019 con Longa noite, que recibe o premio da crítica especializada a mellor dirección en Locarno.

XURADO VIDEOCLIPS

jurado-festival-de-cans-2024-jacobo-rivero

JACOBO RIVERO
É xornalista e escritor; colaborador de El País na sección Cultura, e do suplemento El País Semanal, entre outros medios. Tamén desenvolve labores de axudante de dirección, apoio en guion, arquivo, documentación e entrevistas para cinema documental traballando con directores como Javier Corcuera ou Fernando León. Experto en músicas de raíz como o flamenco ou o jazz, foi codirector do festival MUCIBA (Música Cinema del Barco de Ávila). Actualmente é asesor de comunicación no festival HolaNola, en Compostela, dedicado aos sons de Nova Orleans. Entre as súas numerosas publicacións destaca o libro: Música, rúa e resistencias desde New Orleans.

jurado-festival-de-cans-2024-nuno-pico

NUNO PICO
Artista formado primeiro en Filosofía e posteriormente en Comunicación Audiovisual, con máis de dez anos de experiencia na rodaxe de videoclips, diante e detrás da cámara. Ademáis da súa banda, Grande Amore, formou parte de Oh Ayatollah e Los Rastreadores, xunto con Ortiga. Por enriba da súa faceta musical, fixo este ano a súa primeira incursión no mundo do guión coa curta Hippocampus.

jurado-festival-de-cans-2024-arancha-brandon

ARANCHA BRANDÓN
Fotógrafa e cineasta. Crece nun entorno rural da fronteira entre Galicia e Portugal, o que inflúe na súa identidade creativa. Ten colaborado con artistas como Baiuca, Carlangas, Mundo Prestigio, Blanco Palamera, Helen and Shanna, Marem Ladson, Akazie y mariagrep, entre outros. O seu traballo foi presentado en Photo Vogue Festival (Base Milano); L’Alternativa; Playdoc (Tui); Festival de Cine Independiente de La Plata; Curtocircuíto; Márgenes, Festival de Cine Independiente de Madrid, e no propio Festival de Cans.

XURADO DE VECIÑOS E VECIÑAS

Antonio Vaqueiro. Ten 67 anos, está xubilado como empregado de hosterlería e vive no barrio da Carreira.

Mari Carmen Otero. Ten 57 anos, traballou como peixeira e agora está xubilada. Vive na Fonte do Tanque.

Manuel Pereira, “Lito Sacristán”. Ten 49 anos, é de Atios, a parroquia do lado, pero o seu oficio de sacristán tróuxoo ata Cans onde é unha persoa moi popular e gran tocador de campás.

Adriano Campos Bargiela. Aos seus 92 anos é unha das persoas de maior idade da aldea e, sen dúbida un dos actores en activo de maior idade do mundo, formando parte do elenco do grupo Fontevella. Moi aprezado na aldea onde foi anos presidente da asociación de veciños. Vive na Gulpilleira.

Patricia Lorenzo, “Patri”. Ten 50 anos, é operaria e reside no Barrio da Graña.