Minicans

actividades-para-niños-del-festival-de-cans-2024-carlos-quinta
CARLOS QUINTÁ “A MALETA DE CAXIDE”
Sábado 25 | 13.30h | Cuberto de Pato (patrocina: Secretaría Xeral de Política Lingüistica)

Excepcional acordeonista e violinista, Carlos Quintá proponnos un espectáculo familiar participativo e imaxinativo a partir dos relatos marabillosos que saen da maleta de Caxide, o seu avó. Música, marionetas, instrumentos lúdicos como o reco-reco e fascinantes historias ilustradas que parten do mundo rural, baseadas na literatura de cordel dos antigos cantares de cego e poden considerarse a prehistoria dos storyboards utilizados na preprodución das películas.

Festival de cans 2023: Caixiña de Mistos
A CAIXIÑA DOS MISTOS
Curtametraxes de animación
Sábado 25 | 16.00h | Leiriña (patrocina: Gadis)

Unha selección de curtas de animación para os nenos e nenas, no interior desta máxica caravana vintage convertida nunha pequena sala de cinema.

actividades-para-niños-del-festival-de-cans-2024-taller-de-barro
OBRADOIRO “CINEMA DE BARRO”
Sábado 25 | 16.00h | Leiriña (patrocina: Gadis)

Ricardo García, artesán cunha longa tradición familiar na olería, impartirá un obradoiro infantil para xogar con ideas en torno ao cinema e ao festival.

actividades-para-niños-del-festival-de-cans-2024-polo-correo-do-vento
POLO CORREO DO VENTO “ANTONIO PALACIOS, O INVENTOR DE CASAS DE CINE”
Contos, música e debuxos
Sábado 25 | 16.00h | Cuberto de Pato (patrocina: Gadis)

Con motivo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios (1874-1945) o Festival de Cans e os contadores e debuxantes de Polo Correo do Vento, únense para promover este espectáculo didáctico, baseado na arquitectura e no cinema. Un xeito divertido e participativo de explicar o oficio do arquitecto, debuxante e inventor de casas, e como os montes de granito de Cans e O Porriño influiron en Palacios, o autor dos edificios máis emblemáticos de Madrid.

actividades-para-niños-del-festival-de-cans-2024-alice guy
RAQUEL QUEIZÁS “CINE DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”
Sábado 25 | 20.00h | Cuberto de Pato (patrocina: Gadis)

Este espectáculo mestura a narración co teatro e o cinema para tratar de espertar nos nenos e nenas o amor polo cine a través da historia da pioneira Alice Guy, a primeira cineasta en dirixir un filme de ficción, ademáis de actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis. A actividade visibiliza dun xeito didáctico o traballo desta artista inxustamente esquecida.