A Casa do Carreira é unha das salas de proxección históricas do festival dende a súa primeira edición en 2004. É un baixo no que hai sillas para sentarse e está ó lado do Baixo de Mari. O acordeón de Suso, o propietario da casa e membro de Acordecans, os acordeonistas de Cans, adoita sonar cando paran as proxeccións. Sempre está presto para botarlle uns temas acompañado de quen apareza por alí disposto a sumarse á festa. Nesta casa, un acordeón sempre será benvido, pero hai que respectar os horarios das sesións.