O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.
O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como os artistas desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas.
Bases do concurso
1. O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio de 2019.
2. Ubicación: cada participante desfrutará dun lugar asignado pola organización. Os participantes non poderán cambiarse de sitio, salvo condicións meteorolóxicas adversas (nese caso, reubicaríanse noutro lugar).
3. Participantes: só se admitirán candidaturas de persoas maiores de 16 anos.
4. Inscrición: os candidatos poderán inscribirse enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com con data límite, venres 10 de maio.
A tal efecto, no correo deberán manifestar o seu desexo de participar no concurso e incluir os seus datos persoais (engadindo as súas contas en redes sociais, se as teñen), a súa formación e un portfolio, ben sexa imaxe, documento en pdf ou calquera outro formato no que se poidan ver algúns dos seus traballos.
5. Elección dos finalistas: unha comisión de persoas da organización do festival escollerá as 12 propostas finalistas.
Unha vez elixidos, se lles comunicará a través dun correo electrónico aos agraciadxs a súa condición na semana que vai dende o 13 ao 16 de maio.
6. Horario: a obra deberá ser pintada entre as 15h e as 20h.
7. Temática: “Pintar o cine”. Será preciso elaborar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans (permitirase levar fotografía como guía).
8. Soporte e material:
- A técnica será libre e o soporte será presentado en branco para o sellado no propio día.
- As dimensións mínimas do lienzo e o taboleiro serán de 60 * 55 cm. e as máximas de 100 * 120 cm.
- Cada participante aportará o material necesario para a elaboración da súa obra.
9. Xurado: estará composto por tres personas relacionadas co mundo do arte. A súa composición será anunciada antes do concurso.
10. Votación: as obras quedarán expostas de 20h a 22h nos seus respectivos soportes e serán evaluadas polo xurado, que lles comunicará aos gañadores o veredicto na mesma xornada (posteriormente o resultado será comunicado a través das redes sociais do festival).
A decisión do xurado será inapelable.
11. Premios. As dúas mellores obras serán premiadas da seguinte forma:
- 1º Premio: 250€ + Can de Pedra.
- 2º Premio: kit de merchandising do festival + 2 entradas para a sección oficial de ficción e animación.
* O kit de merchandising inclúe: camiseta oficial da XVI edición + chapa da XVI edición + bolsa de asas.
** O gañador recibirá o premio o venres 25 de maio na gala dos homenaxeados.
12. A obra premiada co primeiro premio pasará a ser propiedade do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, o cal se reserva os dereitos sobre a mesma, incluido o de reprodución, sen negar a autoría do artista.
A segunda obra premiada pasará a ser propiedade da organización nas mesmas condicións que a primeira obra galardoada.