Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais.
Ademáis dos singulares jalpóns, o festival tamén ofrece a posibilidade de anunciarse con spots a través da pantalla xigante instalada no Torreiro durante o evento, un espazo moi solicitado o pasado ano por festivais de verán de Galicia e Portugal, por concellos e por empresas locais.
Os patrocinios privados constitúen unha parte salientable da financiación do Festival de Cans e ó mesmo tempo repercuten na visibilidade das empresas, nun certame da relevancia e singularidade de Cans.
O Festival máis seguido de Galicia
Según as últimas cifras que se poden consultar nas redes sociais esta mesma semana, Cans é o festival de cine máis seguido en RRSS de Galicia con case 35.000 seguidores en Facebook, e mesmo o segundo incluíndo a todos os grandes festivais de música, xa que só está por detrás dun macrofestival como o Resurrection Fest de Viveiro.
Máis sorprendentes aínda son as cifras a nivel estatal, onde o Festival de Cans se sitúa como terceiro festival de cine con máis seguidores en FB, só por detrás de xigantes como Sitges con 70.000 seguidores ou San Sebastián, con cerca de 50.000. Ademáis, o Festival de Cans ten arredor de 8.500 seguidores en Twitter.
É preciso dicir que as redes sociais do festival están activas todos os días do ano, sendo as publicacións que adicamos os nosos patrocinadores un excelente retorno para os mesmos debido o seu gran alcance.
Por último salientar que a nosa páxina web (onde está inserido un banner permanente no que incluimos os nosos patrocinadores máis importantes) ten un pico no mes de maio de case 80.000 visitas, das cales un 77% son novos visitantes.