O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.
O premio foi recollido por Alfonso Pato (director do festival), Keka Losada (presidenta da Asociación Arela) e a señora Alicia, unha das máis fieis colaboradoras. No discurso de agradecementos, Pato, recordou o entusiasmo co que se acolle o evento na aldea e tamén que Cans foi o primeiro festival do Estado en crear un decálogo de visibilidade das mulleres.
Pola súa parte, a comitiva para a recollida estaba formaba por numerosos veciños e veciñas da aldea e estaba encabezada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre.
Este premio converte o Festival de Cans nun dos máis recoñecidos de Galicia.