Dende o 2015, o Muro dos Chimpíns converteuse no espazo de homenaxe a todos os veciños e veciñas que teñen recibido o Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime”, o galardón que o festival concede a aqueles que destacan polo seu traballo a favor do evento. Ubícase ademáis nunha das rutas principais dos chimpíns. Alí están xa os nomes de Alicia, de Divina, do noso carpinteiro Juan Maceira ou do histórico e querido condutor de chimpíns falecido Pepe Puime, que da nome ó galardón.