Mañá mércores, o Baixo de Bugarín acollerá ás 19:00 a final de ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers que o Festival de Cans impulsou este ano no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro. Estas pezas creativas resumen en poucos minutos de imaxes o contido dun libro, e xa foron obxecto de mostras do formato en edicións anteriores do festival. Na gran final desvelaranse os vídeos gañadores entre as case 50 obras presentadas, e contaremos coa presenza tamén das institucións que apoian o proxecto: a Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, o IES Castelao, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a Asociación de Veciños do Calvario, a Biblioteca Pública do Porriño e o IES Pino Manso.
Deixámosvos aquí debaixo os fantásticos 12 vídeos finalistas, nos que participa xente de toda Galicia con traballos sobre libros ben diversos!
Fahrenheit 451 (Ray Bradbury), de Gabriel Lamela
Plataforma (Michel Houellebecq), de Hugo Amoedo
Mel, unha mosca agradecida (Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso), de Luz Beloso
Muriel (María Canosa e Lucía Cobo), de Paula Piñeiro
Un can e un gato (Paula Carbonell e Chené Gómez), do CEIP Solanas
Os vellos non deben de namorarse (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), de Xoel, Carolina, Gabriel e Manuel
O principiño (Antoine de Saint-Exupéry), de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (IES Pino Manso)
Con tal de verte volar (Miguel Gane) de Ana Bargiela
Cando petan na porta pola noite (Xabier P. Docampo), do Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal
Últimos bruídos (Marga Tojo), de José Manuel Quiroga
Regueifando Contos: Marilar Aleixandre, de Jimena, Nasya, Anxo, Aitana, Roi, Nayara, Tania, Aitor, Roberto, Leticia, África, Lucas, Hector, Elías, Xoan e a profesora Mar do CEIP Carlos Casares
Scorpio (Ricardo Carvalho Calero), de Illa Bufarda