Proxección das obras gañadoras

Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais.

Horario:
▪ 1º pase: 20h00
▪ 2º pase: 22h00

Proxectaranse:
Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez
Lurna, de Nani Matos
A liña política, de Santos Díaz
Viaje a Pies, de Khris Cembe
Share o no share, de Juan Hervella-Rego
▪ Clip: “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio
Clip: “With my hands” de Furious Monkey House, dirixido por Violeta Mosquera

O prezo da entrada será de 4€. Podedes facer xa as vosas reservas na Sala Ingrávida chamando ao número 986 331 622  ou contactando con eles a través da súa páxina de Facebook.