Música pangalaica e os campións do punk

No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos.

web_novedadescarminha

Tamén no centro neurálxico do festival aterrarán os campións do punk, Novedades Carminha. Aliáronse co Hevi, produtor de hiphop, e saíulles un disco novo, Campeones del mundo, cheo de bases de soul e funk. Continúa tamén a música na Leira de Alicia-Espazo Mahou onde Joao Tomba, reencarnado no músico vigués Indy Tumbita, aproveita a súa segunda oportunidade para ensinarlle ao mundo o seu rock and roll; e DJ Shy Boy, ou sexa, Alfonso Espiño (cantante de Los Chavales), pinchará e contará a súa discoteca plagada de inéditos dos 50s aos 70s.

Polo Cans Voulevar pasarán as queridas De Vacas, autoras da canción oficial do Festival, prometendo xerar un dos grandes momentos do festival; Family Folks e Zurrumalla. No Jaliñeiro Clásico teremos a Cintaadhesiva e O Pequeno Camarada. Ademais, sesión vermú coa Banda de Música de Rubiós, coa que corearemos o popular tema “Lela” escrito por Castelao, pasarrúas dos Veraneantes e peche de festa con DJ Crebinsky e a súa proposta de músicas chegadas de todos os océanos.

Practica aquí a nosa canción oficial para cantala hoxe con De Vacas.