¡Estreamos web!

Comezamos unha etapa apaixonante, tras moito traballo pechamos o círculo e inauguramos a nova web corporativa do Festival de Cans. Este portal é a finalización dun proceso que empezou coa construcción da nosa tenda online.
A historia do Festival de Cans está chea de pequenos fitos, este é outro exemplo, abandonamos a nosa antiga páxina web, que tan boa cobertura nos deu durante moitos anos, e abrazamos un novo proxecto que ten como obxecto único e final axudar aos nosos seguidores a coñecer mellor o evento.
Coa activación da nova web do festival pretendemos adaptarnos á evolución tecnolóxica e ofrecer aos usuarios da mesma unha plataforma adaptada ao actual escenario dixital.

Pensando no usuario

O principal obxectivo da nova web do Festival de Cans é maximizar a experiencia do usuario cun modelo responsive que busca dar o mellor servizo con independencia do dispositivo desde o cal se acceda.
Ademais, perseguimos que sexa unha web máis visual e ordenada, na que o usuario poida atopar información dunha forma rápida mediante unha estruturación do menú de contidos definida en virtude de áreas temáticas claramente identificables.
Así mesmo, deseñamos a páxina baseándonos en dúas premisas básicas: flexibilidade e limpeza. Ambas características definen en gran medida as actuais exixencias dos consumidores de contidos dixitais. Ao abarcalas queremos situar ao lector no eixo do novo proxecto.

Sen máis.
Esperamos que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *