A continuación vos detallamos as distintas opcións de colaboración co Festival de Cans e a visibilidade que lles reportaría a vosa marca, empresa ou proxecto.
Para informarse dos prezos e condicións, enviar correo a patrocina@festivaldecans.com
OPCIÓN 1. Como marca patrocinadora.
1) Proxección múltiple na pantalla xigante do festival dun spot da marca de 20 segundos (aprox.) antes dos momentos centrais do festival: o xoves antes da película de estrea e o venres e o sábado.
2) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Patrocinan” antes das proxeccións nas salas, na lona central, na cartelería, no programa de man, no xornal oficial, na web e nas redes sociais (máis de 50.000 seguidores).
3) Dereito a entregar un dos galardóns do festival durante a cerimonia de clausura.
4) Entradas para acceder ás salas.
5) Packs completos de merchandising, invitacións (a convir) para asistir á comida oficial do festival e disposición dunha habitación dobre para pasar a fin de semana.
OPCIÓN 2. Como marca colaboradora.
1) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Apoian” na lona central, na cartelería, no programa de man, no xornal oficial, na web e nas redes sociais (máis de 50.000 seguidores).
2) Proxección dun anuncio de marca de 20 segundos (aprox.) antes dos momentos centrais do festival (VER OPCIÓN 3).
3) Presenza puntual a través dun soporte a convir en diferentes espazos do festival (o Invernadoiro, o Cans Voulevar, o Parque do río, etc.).
* Posibilidade de protagonizar en exclusiva eses espazos segundo a achega económica.
4) Packs completos de merchandising, invitacións para asistir á comida oficial do festival e entradas para acceder ás salas.
OPCIÓN 3. Pantalla xigante.
Spot publicitario ou logotipo na pantalla xigante do festival nos horarios de máxima afluencia:
– Venres: previa da noite dos Homenaxes e previa + concerto da noite.
– Sábado: sesión vermú, chegada do Desfile de Chimpíns, previa + concerto de tarde, previa da cerimonia de Entrega de Premios e previa + concerto de peche do festival.
OPCIÓN 4. Apadriñando / Amadriñando un jalpón.
1) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Apadriñan” na lona central, na cartelería, no programa de man e no xornal oficial.
2) Comunicación do apadriñamento / amadriñamento nas redes sociais do festival (máis de 50.000 seguidores).
3) Proxección de spot publicitario (máximo de 20 segundos) para proxectar antes das curtametraxes na sala apadriñada / amadriñada.
4) Soporte publicitario ca marca na entrada do jalpón que decidas apadriñar / amadriñar.
5) Pack de merchandising e entradas para as proxeccións das curtametraxes.
* Hai jalpóns de distintos prezos.
OPCIÓN 5. No CanZine, xornal oficial.
Inserción de publicidade dende un módulo ata unha páxina enteira (diferentes prezos).
* Consultar prezos e medidas dos anuncios.