360 CURVAS

Coa presenza de Ariadna Silva e Alejandro Gándara

festival-de-cans-2024-fillos-de-cans-360-curvas

Dirección e guión: Ariadna Silva e Alejandro Gándara. Ariadna Silva, cun interesante traballo como fotógrafa, participou en dúas edicións na categoría Furacáns do Festival de Cans. Alejandro Gándara, pola súa banda, foi codirector do documental Dorothée na vila, que pasou por varios festivais galegos. Vai de: Documental que recolle a singular historia das loitas sociopolíticas de A Fonsagrada na década dos 90 do pasado século. Unha historia de reinvindicacións fronte ao abandono, ao illamento e á amenaza de despoboamento. Estado: en montaxe.