ÁNGEL DE PLÁSTICO

ÁNGEL DE PLÁSTICO

2024 | 14’ 9’’ | España | Castelán | Estrea absoluta

festival-de-cans-novas-camadas-2024-ÁNGEL-DE-PLÁSTICO

Dirección e música: Manu Sacoga Produción: Color2Dark Guión: Manu Sacoga, Nico Nargual y Marcos Herrera Fotografía: Daniel Iglesias Montaxe: Marcos Herrera Reparto: Pepa Sofía, Yoli Giráldez, Iván García, Nico Nargual, Paula Gavilán, Antía Vidal Xénero: Ficción Vai de: Naila anima aos seus amigos para buscar a casa da infancia de Yume como unha escusa para reunilos a todos. Pero eles danse conta das súas intencións: que non superou a Yume (que morreu) e que ten intención de unir un grupo desfeito.

O detalle: Traballo de fin de curso da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo.

SAINTE AGATHE

SAINTE AGATHE

2023 | 7’ 28’’ | España | Castelán | Estrea absoluta

festival-de-cans-novas-camadas-2024-SAINTE-AGATHE

Dirección, fotografía e montaxe: Juan Ares Con: Agathe Vandeneycken Xénero: Documental Vai de: Agathe, unha xove de 22 anos con disforia de xénero, sómetese a unha operación de masculinización de tórax tras case dous anos de espera nun hospital público.

O detalle: O director decidiu documentar o proceso da súa amiga Agathe non só como “un recordo para ela”, senón tamén co obxectivo de que o relato puidese ser de axuda para persoas na mesma situación.

XOGO DE NENOS

XOGO DE NENOS

2023 | 16’ 28’’ | España | Castelán

festival-de-cans-novas-camadas-2024-XOGO-DE-NENOS

Dirección e guión: Miguel Romero Produción: Kasa Vella, Xurdir SL Fotografía: Dani Iglesias Montaxe: Julián Casal Música: Dav Ciuffardi, Ana Piñeiro Reparto: Pablo Loureiro, Pedro Galocha, Pepa Sofía, Sergio Peteira, Rober de Vigo Xénero: Terror Vai de: Miguel, Nico, Sara e Álex corren polo bosque, tratando de escapar de dous perseguidores que queren matalos. Álex non consegue fuxir e é asasinado. Agora só quedan tres, que terán que apañárselas, sen armas, para escapar con vida do bosque.

O detalle: Obra gañadora do premio a Mellor Curtametraxe da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo no concurso A Canteira de AUGAL.

EU QUERO UNHA PIPA

EU QUERO UNHA PIPA

2024 | 5’6’’ | España | Galego | Estrea absoluta

festival-de-cans-novas-camadas-2024-EU-QUERO-UNHA-PIPA

Dirección, guion, fotografía e montaxe: Candela Conde Produción: Chanfaina Lab Xénero: Ensaio Vai de: “Atópote en cada paso, en cada casa vella que se desgasta co tempo, no movemento que produce o aire nas distintas superficies, en cada bar que abre e sirve cuncas de viño e nas partidas de cartas que se xogan nel, nos coches pequeniños que suben a modiño as costas, nos animais que pastan nas fincas, nas tarefas do campo, nos tractores que preparan a terra e nos rulos que se recollen ó final da tempada”.

O detalle: Terceiro ano consecutivo que Candela Conde participa no festival, despois de A casa dos avós e Es (ser) e ser un Espazo.

THE DEATH OF THE LAST FRANCOIST MAYOR (A morte do último alcalde Franquista)

THE DEATH OF THE LAST FRANCOIST MAYOR (A morte do último alcalde Franquista)

2024 | 4’45’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-non-ficcion-furacans-2024-THE-DEATH-OF-THE-LAST-FRANCOIST-MAYOR--(A-morte-do-último-alcalde-Franquista)

Dirección, guión, fotografía, montaxe e música: Andrew Finkelman e Lola Sounigo Produción: Andrew Finkelman Xénero: Ensaio Vai de: Un ensaio visual que ten lugar no enterro de Senén Pousa Soto, un alcalde nomeado por Franco que exerceu o cargo ata o 2023 na aldea de Beade, con 300 habitantes. Xuxtapoñendo o “Pacto do Esquecemento” de España coas celebracións públicas de Soto durante a ditadura, o filme contempla a memoria histórica e o esquecemento como ferramentas de transición.

O detalle: Andrew Finkelman (Portland, EEUU) e Lola Sounigo (Francia), chegaron a Galicia en 2022 cunha beca Fullbright e quedaron a vivir aquí.

CORRE O VENTO

CORRE O VENTO

2023 | 29’ 57’’ | España | Galego

curtas-non-ficcion-furacans-2024-CORRE-O-VENTO

Dirección, guión e montaxe: Paula Fuentes e Guillermo Carrera Produción: Laia Bellés Fotografía: Martín Ávila Música: Xan Sánchez Reparto: Nuria Lestegás, Nazario Vergara, Josefa Álvarez, Xan Sánchez, Carlos Castro, Evaristo Méndez Xénero: Híbrido Vai de: Branca visita ao seu avó nunha aldea escondida entre as montañas de Galicia. Coa súa chegada, a realidade no pobo comeza a transformarse. Os últimos habitantes resisten a desaparición do rural a través dos seus soños, recordos e memoria.

O detalle: Todos os personaxes, excepto Branca (Nuria Lestegás), son habitantes das aldeas do Courel.

YVONNE, THE POWER OF WORDS (Yvonne, o poder das palabras)

YVONNE, THE POWER OF WORDS (Yvonne, o poder das palabras)

2023 | 9’ | España | Galego | Estrea en España

curtas-non-ficcion-furacans-2024-YVONNE,-THE-POWER-OF-WORDS-(Yvonne,-o-poder-das-palabras)

Dirección, guión, produción, fotografía e montaxe: Silvia Muiña Xénero: Documental Vai de: Yvonne é unha escritora que leva máis de vinte anos encamada. A súa saúde foise deteriorando por mor de sufrir un accidente de tráfico. Tras quedar encamada, decidiu empezar a escribir sobre os seus sentimentos e descubriu a poesía. A súa obra fala sobre a discapacidade, a depresión ou a frustación pero tamén fala do amor, da natureza e da vida.

O detalle: Silvia Muiña coñeceu a Yvonne traballando como coidadora en Inglaterra. Cando a aseaba e lle daba a comida, ela aproveitaba para lerlle algún poema dos libros que ela mesma autopublicaba.

PLATÓNICO, PLATÓNICA

PLATÓNICO, PLATÓNICA

2024 | 9’20’’ | España | Galego

curtas-non-ficcion-furacans-2024-PLATÓNICO-PLATÓNICA

Dirección, guión e montaxe: Xacio Baño Produción: Tamara Canosa Fotografía: Tono Mejuto Xénero: Ensaio Vai de: Xacio Baño continúa a súa investigación sobre a natureza das imaxes con este ensaio sobre o amor nos tempos da intelixencia artificial.

O detalle: Gañador ata en tres ocasións na categoría de ficción do Festival de Cans, Platónico Platónica tivo a estrea internacional na Sección Oficial de Documentais do Festival de Málaga.

VIAXAR AOS TEUS RECORDOS É BUSCAR PELEXA

VIAXAR AOS TEUS RECORDOS É BUSCAR PELEXA

2023 | 19’30’’ | España | Galego | Estrea en Galicia

curtas-non-ficcion-furacans-2024-VIAXAR-AOS-TEUS-RECORDOS-É-BUSCAR-PELEXA

Dirección, guion, produción, fotografía e montaxe: Daniel Pérez Silva Xénero: Ensaio Vai de: Enteiramente composta por imaxes do arquivo familiar, o director pon en relación a visión do pasado coa do presente, dando conta dos cambios que se producen na relación entre os membros da súa familia.

O detalle: Terceira curtametraxe do director de Boiro, despois de Garza e Persoa, Pobo, Paisaxe.

EL CUSTODIO

EL CUSTODIO

2023 | 19’40’’ | España, Cuba | Español, Yoruba | Subtítulos en castelán

curtas-non-ficcion-furacans-2024-EL-CUSTODIO

Dirección e guión: Arturo Franco Produción: Zerkalo Films, Brona Films Fotografía: Juan Carlos Alom Montaxe: Armand Rovira Reparto: Antonio Figueroa, Iván Alejandro Martínez Xénero: Híbrido Vai de: A película fala da soidade nunha illa sen tempo. Unha pista de aterraxe fronte ao golfo de Florida é abandonada tras a crise dos mísiles e convértese na obsesión dun vello Custodio que dedica a súa vida para protexela das súas pantasmas.

O detalle: A primeira curta do arquitecto Arturo Franco foi seleccionada na Sección Oficial do Festival de Cine de Guadalajara (México), un dos máis importantes de América Latina, ademáis de acadar o Premio ao Mellor Film Español no Festival Intersección.

AÍNDA HOXE AS HORAS

AÍNDA HOXE AS HORAS

2023 | 9’57’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-non-ficcion-furacans-2024-AÍNDA-HOXE-AS-HORAS

Dirección, produción, guión, fotografía e montaxe: Miriam Opazo Xénero: Ensaio Vai de: Aínda hoxe as horas é una peciña sinxela, pequeniña, que sae do burato do peito polo que debemos deixar escapar a negrura cando nos anega os pulmóns. Unha carta de amor. O amor e a morte son indelebles, coma o granito eterno do alto do Forgoselo.

O detalle: Con Ningún Deus, a cineasta de Xinzo de Limia, Mirian Opazo, gañou unha Mención Especial na competición Furacans na pasada edición do Festival de Cans.

PECHAR CAIXAS, ABRIR CAIXAS

PECHAR CAIXAS, ABRIR CAIXAS

2024 | 17’54” | España | Castelán

curtas-non-ficcion-furacans-2024-PECHAR-CAIXAS,-ABRIR-CAIXAS

Dirección, fotografía e montaxe: Hugo Amoedo Guión: Hugo Amoedo, Xavier Queipo Con: Hugo Amoedo Canal, Luca Amoedo Alvarez, Sonsoles Alvarez Morillo Xénero: Documental autobiográfico Vai de: O escritor galego Xavier Queipo prepara a mudanza para regresar ao país despois de vivir máis de 30 anos en Bruxelas. Baleira a súa casa e mete os seus recordos en caixas que os mozos de mudanzas cargan no camión para levar de volta a Galicia. Outro galego, o cineasta Hugo Amoedo, tamén afincado en Bruxelas, non sabe cando poderá regresar. Mentres, ensínalle ao seu fillo a andar en bicicleta, dubida, ten soños e ideas para películas e se pelexa na ventanilla de correos.

O detalle: Con Europa, Hugo Amoedo gañou a competición Furacans no ano 2018.

LO ÍNTIMO

LO ÍNTIMO

2024 | 8’ | España | Español | Estrea absoluta

curtas-non-ficcion-furacans-2024-lo-intimo

Dirección: Sara Horta e Susana Sotelo Produción, guión e fotografía: Sara Horta Montaxe: Susana Sotelo, Chema Montero Con: Sara Horta Xénero: Ensaio Vai de: Sara facía unha viaxe de aventura ao ano soa. Ao ser encerrada para vivir unha corentena na súa casa pola crise do COVID 19, revive e lembra as súas últimas viaxes por Indonesia e Madagascar. É a través das imaxes reais da súa última aventura, cando Sara revive un instante que a marcou para sempre.

O detalle: Unha historia real sobre a viaxe máis estraña e íntima da súa vida.

VOLVER CANTANDO

VOLVER CANTANDO

2024 | 15’34’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-non-ficcion-furacans-2024-volver-cantando

Dirección, produción, guión e montaxe: Lázaro Louzao Fotografía: Hilario Pérez Gómez Música: Josefa Gato Xénero: Ensaio Vai de: O primeiro que a memoria esquece, o morrer un ser querido, é a súa voz. Volver Cantando é o intento dun neto por recuperar a voz de súa avoa, unha muller que en vida tivo moito que decir e que agora está a perder a súa voz.

O detalle: Empregando as cintas caseiras que gravou seu pai entre 1997 e 2004, o autor vai na procura do seu propio recordo. A curta supón o regreso de Lázaro Louzao despois da longa Nove de novembro, considerado o primeiro filme LGTBI feito en galego.

VÉXOTE

VÉXOTE

2024 | 19’42’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-vexote

Dirección, guion, montaxe e música: Óscar Pardo Produción: Noemí Chantada Fotografía: Paula Pez Reparto: Marta Lado, Xúlio Abonjo, Fran Lareu Xénero: Drama, Saúde mental Vai de: David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse e verse, deixar atrás a tristeza que acompaña a Lola.

O detalle: A curta está punteada de secuencias de animación realizadas por David Fidalgo Omil, o creador da exitosa Sandwich Cat.

AQUARIUM

AQUARIUM

2024 | 11’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-aquarium

Dirección, guión, produción e montaxe: Marguerita Morello Fotografía: Olmo Couto Reparto: Paula Quintas, Arturo Cobas, Clara Ferrao, Nuria Sotelo, Quico Cadaval Xénero: Sci-fi, comedia, drama Vai de: Nun futuro distópico, Electra traballa nunha empresa de márketing, e no seu tempo libre, dedícase a deseñar pezas de roupa. Cando a ascenden a directora do seu departamento, Goa, unha compañeira, decide sabotala.

O detalle: Bregada en curtas, documentais e videoclips, a italiana Marguerita Morello leva máis de 20 anos afincada en Galicia. d Fidalgo Omil, o creador da exitosa Sandwich Cat.

ALGUÉN ME CHAMOU SERPE NEGRA

ALGUÉN ME CHAMOU SERPE NEGRA

2023 | 10’ | España | Galego

curtas-festival-de-cans-ALGUÉN-ME-CHAMOU-SERPE-NEGRA

Dirección, guión, produción, montaxe, fotografía e música: Borja Santomé Xénero: Animación Vai de: Unha serie de personaxes, apenas esbozados, emprenden unha viaxe física e mental desde a cidade, ruidosa e desordenada, ata a costa, nunha sucesión de escenas entre o imaxinario e o autobiográfico.

O detalle: Borja Santomé gañou o Premio a Mellor curta de Animación en 2018 por El reloj.

BETAS

BETAS

2024 | 15’55’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-BETAS

Dirección e Produción: Alberto Senín Porto Guión: Martín DeSoto Montaxe: Manuel Macou, Martín DeSoto Fotografía: Pablo Fontenla Música: Marcos Pin Reparto: Vicente Mohedano, Xoel Pol, Abel Pardal, Xabi López, Luisa Treviño Xénero: Comedia Vai de: Un pai ausente e o seu fillo con problemas de bullying vense implicados nunha absurda trama delictiva na que aprenderán a coñecerse.

O detalle: O protagonista, Vicente Mohedano, levou o premio a Mellor Actor en 2009 en Cans pola curta ¿Queres ser director de cine?, do mesmo director.

IN HALF

IN HALF

2023 | 24’ 35” | España | Inglés e Francés con subtítulos en galego

curtas-festival-de-cans-in-half

Dirección, guión, produción, fotografía e montaxe: Jorge Morais Música: Juan M. Cameán Xénero: Animación Vai de: A través da imaxinación dun neno, narra a viaxe dun home que, tras caer presa dos seus medos, debe atravesar un mundo estraño, un universo cheo de maxia, onde se lle presentarán temores e conflitos do pasado e onde terá que atopar solucións para o futuro, co fin de descubrir a súa propia identidade.

O detalle: Jorge Morais xa gañou a sección de animación do Festival de Cans en 2009, coa curta O pintor de Ceos.

HISTERIA DO MEU PEQUENO MUNDO

HISTERIA DO MEU PEQUENO MUNDO

2024 | 6’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-HISTERIA-DO-MEU-PEQUENO-MUNDO

Dirección e guión: Pablo Fontenla Produción: Álvaro Liste, Águeda Penedo y Pablo Fontenla Fotografía: David G. García Montaxe: Emilio Carral Música: Javier Fontenla Reparto: Ledicia Sola, Tacho González Xénero: Sci-fi Vai de: Nun futuro dominado pola predición computerizada e o control político e social, un cidadán normal cuestiona a verdadeira autonomía humana nun mundo cada vez máis controlado por máquinas.

O detalle: Inspirado no relato Franchise, de Isaac Asimov (1955).

AVETIMOLOXÍA

AVETIMOLOXÍA

2023 | 9’ | España | Español | Estrea en Galicia

curtas-festival-de-cans-AVETIMOLOXÍA

Dirección, guión, produción: Xosé Zapata Montaxe: Fran X. Rodríguez Fotografía: Celia Benavent Música: Manuel Riveiro Xénero: Animación Vai de: Un canto á paz e á concordia, onde os paxaros móstrannos o absurdo que son os nosos conflitos fronte ao devir da Terra, confrontando a autodestrución do home fronte á resiliencia da natureza.

O detalle: Xosé Zapato gañou o Goya á mellor curta de animación en 2022 con The Monkey.

RUOVESI

RUOVESI

2023 | 18’25’’ | España, Finlandia | Finlandés, Español

curtas-festival-de-cans-ruovesi

Dirección, guion, fotografía e montaxe: Andrea Zapata Produción: Andrea Zapata e Beli Martínez Música: Javier Colina Reparto: Silvia Eliana Aedo, Lasse Poser, Sonja Linnea Lampinen, Julia Amelia Girau González Xénero: Drama Vai de: Cecilia, sobrevivente da represión militar chilena, conxuga desde o seu desterro en Finlandia, loita interior e política, disgregación xeográfica e familiar. Ao seu lado, a súa neta Aava, ofrecéndolle un novo lugar desde o que aliviar, por un momento, a carga do seu persistente e fragmentado renarrar. Baseado na vida de Silvia Eliana Aedo, que interpreta a Cecilia.

O detalle: Nesta curta volven participar os personaxes de Aava, curta coa que Andrea Zapata gañou o Festival de Cans en 2017.

O FRÍO

O FRÍO

2024 | 16’59’’ | España | Español | Estrea en Galicia

curtas-festival-de-cans-o-frio

Guion, dirección e produción: Pablo Dopazo Fotografía: Jaime Olmedo Montaxe: Carlos Martínez-Peñalver Mas Reparto: José María Sanjurjo, Daniel Sanjurjo Xénero: Drama Vai de: Chema traballa nun mercado de abastos dunha pequena cidade no noroeste de España. O seu día empeza temperán; leva pedidos, arrastra caixas de xeo e peixe, transporta paquetes de marisco. Despois dun duro día de traballo, volve a casa. Pero esta tarde recibe unha chamada que perturba a súa vida normal; é o pasado que volve.

O detalle: Inspirada nunha historia real, estivo seleccionada na Sección Oficial do Festival de Málaga.

CAFUNÉ

CAFUNÉ

2023 | 8’ | España | Español | Estrea en Galicia

curtas-festival-de-cans-cafune

Dirección e guión: Carlos F. de Vigo e Lorena Ares Produción: Carlos F. de Vigo, Sergy Moreno, Mintxo Díaz, Damián Perea Fotografía: Marcos García Montaxe: Lorena Ares Música: Mikel Salas Xénero: Animación Vai de: Alma, unha nena solitaria, revive o seu traumático pasado cando a súa boneca cae á piscina, arrastrándoa ao naufraxio da patera do que foi a única sobrevivente. Luna, a súa rescatadora, a axuda para superar o seu trauma e reconstruír a súa vida.

O detalle: Parella de animadores de exitoso percorrido, codirixeron «Amanece la noche más Larga», nominada ao Goya e gañadora da Biznaga de Plata no Festival de Málaga.

DE(S)AMOR

DE(S)AMOR

2023 | 11’43’’ | España | Español

curtas-festival-de-cans-desamor

Dirección, guion e produción: Alba Pino Fotografía: Sheila Rodríguez Montaxe: Carmen de Couto Reparto: Lidia Galiana, Pedro Rubio Xénero: Comedia Vai de: Carina odia o amor, pero non pode evitar buscalo. Quizais hoxe, que ten unha cita despois de moito tempo, sexa o seu día de sorte. Ou quizais non.

O detalle: A curta leva máis de 15 seleccións en festivais nacionais e internacionais.

BARXACOVA

BARXACOVA

2023 | 15’59’’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-barxacova

Dirección, producción e montaxe: Rosa Taboada Guión: Xosé Gallego Fotografía: Jaime Cuña (Jaime Frame) Reparto: Alfonso Míguez Xénero: Drama Vai de: Un home volta da cidade a unha casa illada da Ribeira Sacra, nunha vila chamada “Barxacova”. A natureza o envolta mentres reflexiona sobre o sentido da vida.

O detalle: O guion desta curta inspírase en textos de Albert Camus – “O Estranxeiro” e Calígula”.

TO BIRD OR NOT TO BIRD

TO BIRD OR NOT TO BIRD

2023 | 9’ | España | Sen diálogos

curtas-festival-de-cans-to-bird-or-not-to-bird

Dirección e guion: Martín Romero Produción: Iván Miñambres Montaxe: Iñigo Gómez Música: Joseba Beristain Xénero: Drama, Comedia Vai de: Mirada crítica e caleidoscópica do mundo actual contada a través das traxicómicas e esperpénticas vivencias de varios paxaros.

O detalle: Gañadora de máis de 9 galardóns, entre eles, o Goya á Mellor Curta de Animación. Ademáis, Romero gañou en Cans o Premio á Mellor Curta de Animación en 2019 con La Noche.

NAI

NAI

2024 | 17’ | España | Galego | Estrea absoluta

curtas-festival-de-cans-nai

Dirección: Tito Refoxo Guion: Tito Refoxo e Brais Do Rei Produción: Soraya Vilela Vilela Fotografía: Pedro Tizón Montaxe: Rocío López Música: Moura Reparto: Denis Gómez, Andrea Vilaríño, Lena Fernández, Felípe González,Javier Galego Xénero: Drama, Western Vai de: Rois, 1970, no máis profundo da Galiza, a desaparición dunha rapaza fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só un complexo plan poderá esclarecer o destino final da catíva.

O detalle: Prometedor debú como director do actor Tito Refoxo.

DAVID TRUEBA, MARÍA VÁZQUEZ E KEPA JUNQUERA ESTARÁN EN CANS QUE TERÁ 35 ESTREAS DE CURTAS E LONGAMETRAXES

O director David Trueba, a actriz María Vázquez, o músico vasco Kepa Junquera e a banda de Muros The Rapants serán algúns dos protagonistas principales da XXI edición do Festival de Cans que terá lugar entre o 21 e o 25 de maio. Continúe lendo DAVID TRUEBA, MARÍA VÁZQUEZ E KEPA JUNQUERA ESTARÁN EN CANS QUE TERÁ 35 ESTREAS DE CURTAS E LONGAMETRAXES

A SECCIÓN FURACÁNS PRESENTARÁ CINCO ESTREAS DE FILMES DE DIRECTORES GALEGOS RODADOS EN CUBA, INGLATERRA, BÉLXICA OU INDONESIA

O Festival de Cans, cuxa XXI edición terá lugar do 21 ao 25 de maio nesta aldea de O Porriño (Pontevedra), contará na súa sección competiviva Furacáns cun total de dez curtametraxes Continúe lendo A SECCIÓN FURACÁNS PRESENTARÁ CINCO ESTREAS DE FILMES DE DIRECTORES GALEGOS RODADOS EN CUBA, INGLATERRA, BÉLXICA OU INDONESIA